A situación de emerxencia completamente extraordinaria que estamos a vivir na actualidade, obríganos a cancelar toda aquela viaxe programada no que resta de curso escolar.
A viaxe cultural de fin de etapa a Londres, planificada para mediados de maio, queda, polo tanto, suspendida.
A día de hoxe, temos compromiso da Axencia de viaxes Atlas, coa que temos contratada a excursión, da devolución total das achegas económicas realizadas para o pago de traslados e hotel. Está todo cancelado e pendente de reembolso. Unha vez o teñamos efectivo, trasladaríase ás familias.
Con respecto ao billete de avión (139€), temos máis complicacións. A compañía aérea (EasyJet) só nos faría devolución do importe se o estado de alarma se prolongase ata mediados de maio, data da realización da viaxe. É por este motivo polo que estamos á espera; se o cancelásemos hoxe, perderíamos o diñeiro. Con todo, mandamos unha nova reclamación esixindo o reintegro total do billete de avión e agardamos contestación. Teñen o noso compromiso de que seguiremos pelexando para conseguir o reembolso desta cantidade de diñeiro.
Saúdo e saúde para todos e todas.