Grazas á Xefatura Provincial de Tráfico e á Concellaría de Educación de Ourense, o noso alumnado puido gozar desta actividade tan interesante coma necesario.
Na parte práctica, a nosa rapazada, a través dunhas lentes virtuais, puido sentir os efectos do alcol e o cannabis, pasou polos etilómetros, drogotest etc
Na parte teórica, os datos tan crueis do día a día facilitados polo axente de tráfico fíxoos pensar e reflexionar.
A TVG acompañounos durante o desenvolvemento da actividade. Foi todo un acontecemento para o alumnado!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.