PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
No documento que se xunta pódense consultar os libros de texto para o vindeiro curso 2023-2024.
Estes días temos no Centro a exposición itinerante Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia, proxecto expositivo que poñen en marcha o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Premendo aquí podedes descargar o Dossier da exposición.
O 23 de febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela Rosalía de Castro. Dende o IES de Oroso queremos conmemorar esta data co agasallo dunha planta literaria que nos recorde a súa figura.
O pasado venres 17 de Febreiro celebrouse no IES a festa de Entroido, coa participación activa de todo o alumnado e profesorado.
A xornada comezaba co alumnado de 4º vendendo produtos típicos do entroido para poder conseguir financiamento para a excursión de fin de curso, e seguía coa celebración do partido entre o profesorado e as aulas de 1ºC e 4ºB que fora aprazado en Nadal. No concurso por clases, cada grupo debía de sorprender coa súa maxia e o xurado quedou namorado do grupo de 1ºB que, acompañados do profe Roberto e baixo o ritmo do Gagnam Style, alzouse coa victoria.
Aquí vos deixamos unhas imaxes do que foi a volta da maxia do entroido ao noso IES, o cal xa levaba uns días engalanado grazas á exposición dos entroidos tradicionais de Galicia elaborado polo alumnado de 3º ESO baixo a dirección de Gemma (profe de LGeL) e de Roi (profe de EPVA). Premede na imaxe para acceder a elas.
O día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
Publícase o calendario de exames de recuperación de materias pendentes de cursos anteriores para os días 30 e 31 de xaneiro a partir das 16.30 horas. Pódese consultar no ficheiro que se xunta ou premendo aquí.
INFORMACIÓN BECAS MINISTERIO DE EDUCACION Y FORMACION PROFESIONAL
CURSO 2022/23
Os alumnos que actualmente cursan 4ª ESO e, para o curso 2022/23, van a estudar bacherelato ou un ciclo medio de Formación Profesional teñen a posibilidade de solicitar unha beca do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Os trámites hai que facelos a través de páxina web www.becaseducacion.gob.es donde, ademais, tedes toda a información dos procedementos a seguir.
O prazo é do 30 de marzo ata o 12 de maio de 2022.
1º premio. Lúa Bouza Silva
2º premio. Almudena Sánchez Calviño
3º premio. Nerea Barcala Bouza
3º premio. Sara Juncal Marzoa
Parabéns a todas!!!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |