Taboleiro

Noraboa!

A alumna do noso centro  Alejandra Landeira Rey resultou gañadora do Concurso de Literatura Infantil e Xuvenil organizado pola EGAP con motivo das Letras Galegas.

Un orgullo para o IES de Oroso.

Entroido 2023 no IES de Oroso

O pasado venres 17 de Febreiro celebrouse no IES a festa de Entroido, coa participación activa de todo o alumnado e profesorado.

A xornada  comezaba co alumnado de 4º vendendo produtos típicos do entroido para poder conseguir financiamento para a excursión de fin de curso, e seguía coa celebración do partido entre o profesorado e as aulas de 1ºC e 4ºB que fora aprazado en Nadal. No concurso por clases, cada grupo debía de sorprender coa súa maxia e o xurado quedou namorado do grupo de 1ºB que, acompañados do profe Roberto e baixo o ritmo do Gagnam Style, alzouse coa victoria.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do que foi a volta da maxia do entroido ao noso IES, o cal xa levaba uns días engalanado grazas á exposición dos entroidos tradicionais de Galicia elaborado polo alumnado de 3º ESO baixo a dirección de Gemma (profe de LGeL) e de Roi (profe de EPVA). Premede na imaxe para acceder a elas.

Exposición entroidos tradicionais

 

 

 

 

 

Entrevista a Isabel Canabal

Hoxe achegouse ata o IES Isabel Canabal, veciña de Oroso, para contarnos como era a vida na antiga estación ferroviaria de Vilacide.

Na conversa que mantivo con Marco e Marta puidemos coñecer un pouco máis sobre a importancia do ferrocarril no Concello, sobre o traballo feminino en pleno franquismo ou sobre o estraperlo, entre outras moitas cousas.

A conversa enmárcase dentro do Plan Proxecta que estamos levando a cabo desde o Centro sobre a historia da via verde recentemente inaugurada entre Oroso e Cerceda. 

 

   

Admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2023-24

O día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Calendario de exames de recuperación de materias pendentes de cursos anteriores (Convocatoria 2023).

Publícase o calendario de exames de recuperación de materias pendentes de cursos anteriores para os días 30 e 31 de xaneiro a partir das 16.30 horas. Pódese consultar no ficheiro que se xunta ou premendo aquí.

INFORMACIÓN BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL. CURSO 2022-23

INFORMACIÓN BECAS MINISTERIO DE EDUCACION Y FORMACION PROFESIONAL
CURSO 2022/23

Os alumnos que actualmente cursan 4ª ESO e, para o curso 2022/23, van a estudar bacherelato ou un ciclo medio de Formación Profesional teñen a posibilidade de solicitar unha beca do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Os trámites hai que facelos a través de páxina web  www.becaseducacion.gob.es donde, ademais, tedes toda a información dos procedementos a seguir.
O prazo é do 30 de marzo ata o 12 de maio de 2022.

II Concurso de Postais de Nadal

Entrega de premios do II Concurso de Postais de Nadal organizado polos departamentos de Francés e Plástica. A nosa noraboa aos premiados/as e a todos os participantes.

Premendo na imaxen podedes ver as postais gañadoras.

Powered by Drupal - Design by artinet