Visita didáctica a Lugo

Este mércores 10 o alumnado de 1ºESO e de Cultura Clásica de 3º ESO achegouse ata Lucus Augusti para coñecer un pouco da historia da cidade. Acompañados dos profes María, Kike, Roberto e Andrés visitaron a Casa dos Mosaicos, a Domus do Mitreo e o Museo Provincial onde gozaron de dúas actividades moi interesantes, a visita á exposición Lugo Romano e a actividade de Rutas Literarias. Ademais puideron coñecer a muralla e a organización da cidade romana. Unha xornada moi gratificante.

 

Powered by Drupal - Design by artinet