A situación tan especial na que está sumido o mundo global obríganos a celebrar unha efeméride tan importante coma esta de xeito puramente virtual.
Falamos, claro está, do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a alguén tan importante, tan polifacético e tamén tan controvertido como Ricardo Carvalho Calero.
O interesante, nestes casos, é gozar dunha mostra dos seus libros na entrada do noso instituto para poder ver, follear e curiosear na obra deste autor. Mais como iso non é posible, conformámonos con ofrecervos un marcapáxinas e a audición dun dos seus poemas titulado Afastado de Venus (do seu libro Reticéncias).
Para obter o marcapáxinas, preme nesta ligazón.
Para escoitar o poema musicado, le o código QR.
____________
E como un contido especial para divulgar nesta data, o alumnado de terceiro estivo a traballar nunha campaña de fomento do galego que se condensa nun vídeo que podedes ver premento aquí.