O día 3 de maio celebrouse no centro a segunda edición de Ciencia en Galego. O alumnado expuxo, nunha xornada de portas abertas, os seus experimentos e as aprendizaxes realizadas nas aulas de ciencias da natureza, tecnoloxía e física e química, e asemade deulles visibilidade a algúns aspectos cos que aínda andamos a voltas neste século: en galego tamén se fai ciencia e a ciencia non ten sexo. Parabéns a todas as persoas fixeron posible esta actividade.
Pódese ver unha galería de fotos picando aquí.
Pódense ver dúas presentacións en vídeo picando aquí.