25 N: O respecto pa cando?

O IES de Oroso súmase ao acto  “Oroso en Negro” con motivo do 25 de novembro Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a muller.

Toda a comunidade educativa fixo unha denuncia pública do atentado que supón para a vida,  a dignidade da muller e a súa liberdade os diferentes comportamentos que ao longo de moitos anos e de forma sistemática se foron transmitindo a través dun currículo oculto ou quizais non tan oculto.

 Sabedores de que un dos piares fundamentais para mudar as actitudes machistas é conseguir un espírito crítico no noso alumnado, todo o centro educativo se involucrou na actividade “O respecto pa cando?", porque é o respecto e non o “anel”  o que reforzará un modelo de relacións igualitarias de homes e mulleres , no que non teñan cabida ningunha das violencias xeradas por unha cultura  e educación machista que segue a vulnerar todo tipo de dereitos humanos.

Así mesmo, simbolicamente de cor lila, un pulso de cada participante demandaba máis igualdade: “ X  +  =

En resumo, respecto e igualdade marcan o día no noso centro.

Esta actividade foi promovida grazas á colaboración conxunta de tres departamentos: Dinamización Lingüística, Educación Física e Música. Posteriormente, sumáronse a esta iniciativa outros equipos docentes.

Pódese ver un álbum de fotos se picas aquí.

Se queres saber por que esta conmemoración se celebra o 25 de novembro, pica aquí.

 

Powered by Drupal - Design by artinet