A aula virtual busca a interactividade entre o alumno e o profesor, así como unha maior comunicación, aplicación dos coñecementos, evaluación e manexo da clase. Por tanto, convertíronse nun férreo complemento da educación presencial, accesible a todo o mundo e de gran axuda para fomentar o ensino de calidade.
Pero, que ventaxas ten o uso deste tipo de tecnoloxías na aula?
- O alumno terá a posibilidade de estudar según as súas posibilidades de tempo e necesidades.
- Poderá desenrolar actividades, como foros de discusión, chat, correo electrónico, descargar e compartir materiais didácticos, etc, que lle permitan manter unha participación e comunicación permanentes co seu profesor e compañeiros de estudo.
- Contribúe coa súa formación en habilidades do uso de ferramentas TIC.
- Proporciona un entorno de aprendizaxe e traballo cooperativo.
- Complementa coa formación presencial e cos soportes didácticos xa coñecidos.
A aplicación usada polo IES de Oroso é Moodle:trátase dunha aplicación web dedicada á educación, que conforma un sistema de xestión de cursos, de distribución libre, que axuda aos educadores a crear comunidades de aprendizaxe en liña.