Para celebrar o Día Internacional da Muller

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, realizouse unha decoración da zona de entrada e das escaleiras de acceso á primeira planta.

Como se pode ver nas imaxes, cada chanzo de subida quedou asimilado a un dos moitos aspectos nos que debería verse reflectida a igualdade.

Fixéronse así mesmo copias dun cartel divulgador, elaborado por unha alumna de primeiro. Con ese mesmo deseño imprimíronse adhesivos que se puxeron a disposición de todo aquel persoal que quixese facerse con un.

A decoración completouse cunha pequena mostra de libros pertencente

s ao fondo da nosa biblioteca e que nos informan sobre o papel que desempeñan as mulleres en ámbitos moi variados e relevantes da historia, da ciencia e da cultura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Día de Rosalía 2020

Do mesmo xeito que outras moitas entidades culturais e educativas, o IES de Oroso sumouse no día de hoxe á conmemoración do Día de Rosalía. Para divulgar a súa obra:

-Realizamos na entrada do instituto unha mostra de obras da autora, acompañadas de un ramo de flores de papel coa súa imaxe e algúns versos.

-Pintáronse versos con cores transparentes na cristaleira do corredor inferior.

-Entregouse a cada un das alumnas e alumnos do centro un marcapáxinas cun poema seu e un retrato (estilo "manga") realizado por unha alumna.

 

Redecorando...

Aquí temos  a un grupo das nosas alumnas renovando o grafitti que decora unha das paredes do pavillón de deportes, baixo as indicacións da responsable do Departamento de Debuxo.

Podes picar na propia foto se queres ver algunha imaxe máis.

25-N

A morte, a violencia sexual e física, o ciberacoso, a falta de respecto, o maltrato verbal e a tiranía emocional, a intimidación, o illamento, o control, o abuso de confianza, o abuso de autoridade, a mutilación, a discriminación salarial, a marxinación... son violencias que viven miles de mulleres no mundo en absoluto silencio.

As rapazas e rapaces do IES de Oroso son conscientes desa negra realidade, polo que neste Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller ergueron a súa voz en contra do maltrato segundo se pode constatar na convocatoria realizada pola representante do alumnado do centro:

"Cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa eliminación.

Os alumnos do IES de Oroso estamos en contra deses actos sexistas que producen dano físico, psicolóxico e emocional por iso este ano creamos a canción "Todas tocadas, Oroso en marcha" e queremos facer con ela unha homenaxe a todas esas mulleres asasinadas pola violencia machista e en concreto a Nerea e a Kelly. O luns cando toque o timbre dos recreos sairemos das aulas en silencio total e absoluto e iremos sentar fronte ás súas figuras e interpretaremos pra elas a nosa canción.

Pedímoslle a todo o alumnado colaboración e participación no acto para mostrar que no IES Oroso estamos en contra da violencia machista. Lembrade tamén vir vestidos de negro. Moitas grazas."

En colaboración co Departamento de Educación Física, interpretaron esta canción:

Queres contribuír a que unha estrela leve o nome de Rosalía?

Unha estrela anana, parecida ao Sol e coñecida polos científicos como HD 149143, podería moi pronto levar o nome de Rosalía de Castro. E un dos seus planetas, o nome de Río Sar.

Esta proposta foi realizada pola Agrupación Astronómica Ío (da Coruña) conxuntamente coa Casa Museo da poeta perante a Unión Astronómica Internacional. A dita proposta foi aceptada, entre outras.

Así que desde o pasado venres xa é posible votar entre varias opcións na web http://nombraexoplanetas.es/ ata o 12 de novembro. (nas redes sociais estase a utilizar o cancelo #EstrelaRosalía).

Apoia que esa estrela leve o nome da nosa escritora, e vota!

__________

Se queres máis información, podes atopala picando aquí.

Benvida ao curso 2019-20

 

 

O equipo de dinamización lingüística dávos a benvida ao novo curso animándovos a usar a lingua propia de Galicia.

Programación

Podes consultar un resumo da programación do departamento no arquivo adxunto

Powered by Drupal - Design by artinet