Concurso de postais de Nadal

Entrega de premios do Concurso de postais de Nadal do curso 2020-21.

.

Premendo na imaxe podedes ver as postais gañadoras.

Centenario Revista Nós

O IES de Oroso celebra o centenario da publicación da revista Nós co agasallo dun marcapáxinas no que se recolle a imaxe das mulleres ás que non se lles deu visibilidade.

Centenario Revista Nós

COIDÁNDONOS DA COVID-19

Premendo na imaxe podedes ver unha presentación dos aspectos máis importantes relacionados coa COVID-19. É conveniente que o visualicedes con calma xunto cos vosos fillos/as.

Vídeo Promoción 2020

No seguinte enlace accédese a unha pequena homenaxe que o IES de Oroso lle quere render ás alumnas e alumnos de 4º de ESO que este curso abandonan o noso centro para proseguir a súa formación.

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d328721193k8824090o1/resistir-1

Desexamos que teñades moita sorte e que loitedes por aquilo que queredes conseguir, sempre respectando os demais na súa diversidade, valorando o propio e defendendo o que consideredes xusto e a liberdade.

Celebración do Día das Letras Galegas

A situación tan especial na que está sumido o mundo global obríganos a celebrar unha efeméride tan importante coma esta de xeito puramente virtual.

Falamos, claro está, do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a alguén tan importante, tan polifacético e tamén tan controvertido como Ricardo Carvalho Calero.

O interesante, nestes casos, é gozar dunha mostra dos seus libros na entrada do noso instituto para poder ver, follear e curiosear na obra deste autor. Mais como iso non é posible, conformámonos con ofrecervos un marcapáxinas e a audición dun dos seus poemas titulado Afastado de Venus (do seu libro Reticéncias).

Para obter o marcapáxinas, preme nesta ligazón.

Para escoitar o poema musicado, le o código QR.

 

____________

E como un contido especial para divulgar nesta data, o alumnado de terceiro estivo a traballar nunha campaña de fomento do galego que se condensa nun vídeo que podedes ver premento aquí.

 

 

Formación aberta

Abrimos un apartado dentro da Aula Virtual  onde iremos introducindo material de interese accesible para toda a comunidade educativa. Empezamos con aspectos que consideramos fundamentais para a convivencia escolar: Absentismo escolar, Maltrato e Acoso e ciberbullying. Podedes acceder a esta información premendo aquí

23 de Abril - Celebración do Día do Libro

Cadaquén na súa casa, como illados náufragos... e visitando outros mundos á espera de que o noso sexa unha vez máis habitable...

Lectura nocturna

Escóitoos
De forma tan clara
Como se estivesen aquí

O filósofo
O asasino
O poeta
O policía

Os berros
Da vítima

As lexións de Roma
Marchando
Buscando
Novas fronteiras

As bombas
Que caen
Sobre Londres

As voces
Da historia
A filosofía
A poesía
A literatura
Retumban
No silencio
Da noite

 
Escrito por Daniel F. López
Publicado en Poémame
 
 
 
 

RECOMENDACIÓNS DO COLEXIO DE PSICÓLOGOS PARA ADOLESCENTES CONFINADOS

Ola familias e alumnado!

Premendo no adxunto podedes ver as recomendacións do Colexio de Psicólogos de Galicia para que os adolescentes sobreleven este período de confinamento.

Moito ánimo, moita saúde!

Agardamos que axiña o IES de Oroso cobre vida de novo!

Información acerca do coronavirus

Na seguinte ligazón podedes atopar toda a información que desde a Consellería se nos facilita acerca do coronavirus:

Información coronavirus

Powered by Drupal - Design by artinet