Entrega de premios do II Concurso de Postais de Nadal organizado polos departamentos de Francés e Plástica. A nosa noraboa aos premiados/as e a todos os participantes.
Premendo na imaxen podedes ver as postais gañadoras.
Reunido o xurado do IX Concurso Educativo de Fotografía IES de Oroso, acordou conceder os seguintes premios. Noraboa a todos os participantes!
1ºPremio: Claudia Juncal Morlán
2ºPremio: Martín Otero Barriuso
3ºPremio: Martín Franqueiro Rodeiro
Como homenaxe a todas e a todos os creadores de historias, o alumnado do IES de Oroso participou na campaña de fomento da lectura promovido polos departamentos de Matemáticas, Plástica e Actividades Extraescolares e Complementarias.
Esta exposición fotográfica tamén se pode visitar na biblioteca do Concello de Oroso. O noso agradecemento por unirse a esta iniciativa.
A “Fake news” foron o tema do obradoiro impartido polo Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia ao que asistiu o alumnado de 3º curso.
Contrastar, buscar a fonte orixinal e non quedarse só co titular chamativo son algunas das claves para estar ben informados.
O noso agrademento á relatora, por tan valiosa información.
A investigación e a divulgación do masacre perpetrado polos carlistas no ano 1837 en Boqueixón como vacina académica contra a violencia.
Severino Fernández Abel, historiador e antigo profesor de Xeografía e Historia do noso centro, agasallou aos alumnos de 4º de ESO cunhas charlas virtuais arredor do seu libro, recentemente reeditado, Unha matanza esquecida, un traballo pertinente e rigoroso que se mergulla nun arrepiante suceso bélico acontecido no marco da I Guerra Carlista (1834-1840). Un suceso que non convén esquecer.
Gratitude infinda ao profesor Severino!
O IES de Oroso únese á conmemoración do Día Internacional da Muller cunha pequena exposición no centro realizada con fotos achegadas polo alumnado dos seus refentes femininos. Con esta exposición preténdese render unha homenaxe ás mulleres de Oroso; mulleres que “Terman da Terra”. Esta actividade contou coa colaboración dos Departamentos de Educación Plástica e Audiovisual e de Actividades Extraescolares e Complementarias así coma do Equipo de Dinamización Lingüística.
Así mesmo, o alumnado de 4º curso participa no coloquio “Do tradi ó Trap” dirixido por Branca Villares.
Para o día 9 de abril está prevista unha charla de Bárbara Penas co alumnado de 3º curso “Mocidade desmontando o patriarcado”
As citadas actividades foron ofertadas polo Concello de Oroso. O noso agradecemento!
No documento que se xunta tedes o material previo á realización da segunda sesión do taller “Do tradi ó Trap” para o alumnado de 4º da ESO
Para rematar esta semana na que recordamos a Rosalía de Castro, podedes descargar este marcapáxinas co código QR que atoparedes abaixo.
O 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela Rosalía de Castro. Dende o IES de Oroso queremos conmemorar esta data con un vídeo coa lectura duns poemas da autora por parte de varios alumnos en representación de todo o estudantado.
O IES conmemorou o Día Internacional da Paz e Non Violencia cunha instalación na que as grúas, realizadas en papiroflexia, simbolizan os valores da paz, do respecto e da interculturalidade.
Premendo aquí podedes obter información de interese para os alumnos que entren en 1º da ESO no curso 2021-22.
Nos seguintes enlaces tendes unha presentación coa información básica do IES de Oroso e unha galería de imaxes do Centro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |