Dinamización Lingüística

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O 30 de xaneiro celébrase nos centros educativos un día adicado a conmemorar unha cultura da non violencia e da paz.

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar. O 30 de xaneiro, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

 

25 N: O respecto pa cando?

O IES de Oroso súmase ao acto  “Oroso en Negro” con motivo do 25 de novembro Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a muller.

Toda a comunidade educativa fixo unha denuncia pública do atentado que supón para a vida,  a dignidade da muller e a súa liberdade os diferentes comportamentos que ao longo de moitos anos e de forma sistemática se foron transmitindo a través dun currículo oculto ou quizais non tan oculto.

 Sabedores de que un dos piares fundamentais para mudar as actitudes machistas é conseguir un espírito crítico no noso alumnado, todo o centro educativo se involucrou na actividade “O respecto pa cando?", porque é o respecto e non o “anel”  o que reforzará un modelo de relacións igualitarias de homes e mulleres , no que non teñan cabida ningunha das violencias xeradas por unha cultura  e educación machista que segue a vulnerar todo tipo de dereitos humanos.

Así mesmo, simbolicamente de cor lila, un pulso de cada participante demandaba máis igualdade: “ X  +  =

En resumo, respecto e igualdade marcan o día no noso centro.

Esta actividade foi promovida grazas á colaboración conxunta de tres departamentos: Dinamización Lingüística, Educación Física e Música. Posteriormente, sumáronse a esta iniciativa outros equipos docentes.

Pódese ver un álbum de fotos se picas aquí.

Se queres saber por que esta conmemoración se celebra o 25 de novembro, pica aquí.

 

Coñecendo os nosos museos

O alumnado de 4º realiza unha visita guiada ao Museo de Arte Contemporánea e ao Museo do Pobo Galego. Dúas alumnas e un alumno do Centro dan un pequeno concerto na Igrexa de Santo Domingos de Bonaval e realizan unha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres. Clica aquí para ver unha pequena mostra deste evento.

Powered by Drupal - Design by artinet