Complementarias

Celebración do Día de Rosalía 2020

Do mesmo xeito que outras moitas entidades culturais e educativas, o IES de Oroso sumouse no día de hoxe á conmemoración do Día de Rosalía. Para divulgar a súa obra:

-Realizamos na entrada do instituto unha mostra de obras da autora, acompañadas de un ramo de flores de papel coa súa imaxe e algúns versos.

-Pintáronse versos con cores transparentes na cristaleira do corredor inferior.

-Entregouse a cada un das alumnas e alumnos do centro un marcapáxinas cun poema seu e un retrato (estilo "manga") realizado por unha alumna.

 

Redecorando...

Aquí temos  a un grupo das nosas alumnas renovando o grafitti que decora unha das paredes do pavillón de deportes, baixo as indicacións da responsable do Departamento de Debuxo.

Podes picar na propia foto se queres ver algunha imaxe máis.

25-N

A morte, a violencia sexual e física, o ciberacoso, a falta de respecto, o maltrato verbal e a tiranía emocional, a intimidación, o illamento, o control, o abuso de confianza, o abuso de autoridade, a mutilación, a discriminación salarial, a marxinación... son violencias que viven miles de mulleres no mundo en absoluto silencio.

As rapazas e rapaces do IES de Oroso son conscientes desa negra realidade, polo que neste Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller ergueron a súa voz en contra do maltrato segundo se pode constatar na convocatoria realizada pola representante do alumnado do centro:

"Cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa eliminación.

Os alumnos do IES de Oroso estamos en contra deses actos sexistas que producen dano físico, psicolóxico e emocional por iso este ano creamos a canción "Todas tocadas, Oroso en marcha" e queremos facer con ela unha homenaxe a todas esas mulleres asasinadas pola violencia machista e en concreto a Nerea e a Kelly. O luns cando toque o timbre dos recreos sairemos das aulas en silencio total e absoluto e iremos sentar fronte ás súas figuras e interpretaremos pra elas a nosa canción.

Pedímoslle a todo o alumnado colaboración e participación no acto para mostrar que no IES Oroso estamos en contra da violencia machista. Lembrade tamén vir vestidos de negro. Moitas grazas."

En colaboración co Departamento de Educación Física, interpretaron esta canción:

Queres contribuír a que unha estrela leve o nome de Rosalía?

Unha estrela anana, parecida ao Sol e coñecida polos científicos como HD 149143, podería moi pronto levar o nome de Rosalía de Castro. E un dos seus planetas, o nome de Río Sar.

Esta proposta foi realizada pola Agrupación Astronómica Ío (da Coruña) conxuntamente coa Casa Museo da poeta perante a Unión Astronómica Internacional. A dita proposta foi aceptada, entre outras.

Así que desde o pasado venres xa é posible votar entre varias opcións na web http://nombraexoplanetas.es/ ata o 12 de novembro. (nas redes sociais estase a utilizar o cancelo #EstrelaRosalía).

Apoia que esa estrela leve o nome da nosa escritora, e vota!

__________

Se queres máis información, podes atopala picando aquí.

Gañadores do Concurso de Fotografía

Reunido o xurado do Concurso de Fotografía do IES de Oroso 2019, resolveu conceder os premios ás seguintes fotos:

 

1º PREMIO: Borja Rey González

 

2º PREMIO: Carla Calvo Pombo

 

3º PREMIO: María Feijoo Díaz

 

MOITÍSIMOS PARABÉNS AOS GAÑADORES!

Benvida ao curso 2019-20

 

 

O equipo de dinamización lingüística dávos a benvida ao novo curso animándovos a usar a lingua propia de Galicia.

Publicación dos microrrelatos presentados ao concurso

Nunha entrada anterior comunicamos o fallo do I concurso de Microrrelatos, convocado conxuntamente entre o IES de Oroso e o Concello de Oroso baixo a organización do Departamento de Dinamización Lingüística e en colaboración coa Biblioteca Escolar.

Comunicamos que os relatos presentados foron recompilados nunha pequena publicación baixo o título "Microrrelatos 2019", publicación da que foi entregado un exemplar tanto a todo o alumnado como ao profesorado e persoal non docente.

Para que poida ser coñecida e lida por todos, tomamos a decisión de facer unha edición en formato pdf, que podes "baixar" se picas na portada que aparece reproducida á esquerda. Que gocedes coa súa lectura.

Ah! E grazas ao Concello de Oroso polo patrocinio!

 

Entrega de premios do "I Concurso de Microrrelatos"

Ao finalizar a obra de teatro "Pementeiras", interpretada por Xoré Teatro, tivo lugar a entrega de premios do I Concurso de Microrrelatos organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración co Concello de Oroso. Recordamos o nome das gañadoras:

1º PREMIO: Lucía Tabarés Rodríguez, polo microrrelato  Faro de Sálvora”

2º PREMIO: Antía Ferreiro Casal, polo microrrelato “Sabor a menta”

3º PREMIO:Nuria Rial Piñeiro, polo microrrelato “Maxia”

Unha pequena galería de imaxes pode verse picando aquí.

Moitos parabéns ás gañadoras!

Letras Galegas 2019: Actuación do grupo Xoré Teatro

O grupo Xoré teatro, dentro das actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas,  representou no centro  a obra Pementeiras “unha historia de empoderamento feminino”, na que se narra a historia de dúas amigas que teñen unha visión moi diferente da realidade social na que viven.

Grazas ao concello de Oroso por permitirnos gozar deste bo espectáculo.

Letras Galegas 2019: Master-Class co grupo Lembranzas do Tambre

O 15 de maio a asociación Lembranzas do Tambre ofreceulles aos alumnos do Ies de Oroso unha master-class de baile galego co fin de homenaxear a Antonio Fraguas. O noso agradecemento por dedicarnos parte do seu tempo.

Pódese ver unha selección de imaxes picando aquí.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet