Dinamización Lingüística

Entrega de premios do "I Concurso de Microrrelatos"

Ao finalizar a obra de teatro "Pementeiras", interpretada por Xoré Teatro, tivo lugar a entrega de premios do I Concurso de Microrrelatos organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración co Concello de Oroso. Recordamos o nome das gañadoras:

1º PREMIO: Lucía Tabarés Rodríguez, polo microrrelato  Faro de Sálvora”

2º PREMIO: Antía Ferreiro Casal, polo microrrelato “Sabor a menta”

3º PREMIO:Nuria Rial Piñeiro, polo microrrelato “Maxia”

Unha pequena galería de imaxes pode verse picando aquí.

Moitos parabéns ás gañadoras!

Letras Galegas 2019: Actuación do grupo Xoré Teatro

O grupo Xoré teatro, dentro das actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas,  representou no centro  a obra Pementeiras “unha historia de empoderamento feminino”, na que se narra a historia de dúas amigas que teñen unha visión moi diferente da realidade social na que viven.

Grazas ao concello de Oroso por permitirnos gozar deste bo espectáculo.

Letras Galegas 2019: Master-Class co grupo Lembranzas do Tambre

O 15 de maio a asociación Lembranzas do Tambre ofreceulles aos alumnos do Ies de Oroso unha master-class de baile galego co fin de homenaxear a Antonio Fraguas. O noso agradecemento por dedicarnos parte do seu tempo.

Pódese ver unha selección de imaxes picando aquí.

 

 

Actos para a celebración do Día das Letras Galegas

Ao longo da semana realizáronse diversos actos para celebrar un ano máis o 17 de Maio, Día das Letras Galegas. O comezo do día previo ao propio 17 quedou marcado polo percorrido realizado no corredor das aulas ao paso de música de gaita.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da Ciencia en Galego 2019

O día 3 de maio celebrouse no centro a segunda edición de Ciencia en Galego. O alumnado expuxo, nunha xornada de portas abertas, os seus experimentos e as aprendizaxes realizadas nas aulas de ciencias da natureza, tecnoloxía e física e química, e asemade deulles visibilidade a  algúns aspectos  cos que aínda andamos a voltas neste século: en galego tamén se fai ciencia e a ciencia non ten sexo. Parabéns a todas as persoas  fixeron posible esta actividade.

Pódese ver unha galería de fotos picando aquí.

Pódense ver dúas presentacións en vídeo picando aquí.

 

 

 

RESOLUCIÓN DO I CONCURSO MICRORRELATOS “OROSO”

O xurado faille chegar ao Equipo de Dinamización a súa satisfacción pola calidade dos case 80 relatos presentados e anima a que este concurso teña continuidade nos vindeiros cursos. Asemade, o Concello de Oroso manifesta a súa disposición a seguir colaborando co centro educativo en todos os aspectos e tamén a prol do fomento da lingua e da cultura galega.

 

1º PREMIO

Lucía Tabarés Rodríguez, polo microrrelato  Faro de Sálvora”

2º PREMIO

Antía Ferreiro Casal, polo microrrelato “Sabor a menta”

3º PREMIO

Nuria Rial Piñeiro, polo microrrelato “Maxia”

 

Parabéns a todas as premiadas e a todas as persoas que participastes!ç

Agardamos poder facer unha pequena publicación cos vosos microrrelatos para que a xente poida gozar deles.

23 de Abril: Día do Libro

Para lembrar a celebración do Día do Libro, o Equipo de Dinamización Lingüística xuntamente coa Biblioteca elaboraron un cartel utilizando unha ilustración de Ziraldo. O lema: "ALIMENTA O TEU CEREBRO".

E para completar, colocouse unha instalación co bocadillos de libros, tal e como se pode ver na segunda fotografía.

Só nos queda desexarlle un BO PROVEITO ao audaz alumnado que se anime.

CULTURA E LINGUA

O día 28 de marzo os alumnos de 4º curso desprazáronse a Santiago de Compostela cun dobre obxectivo:

Participar como espectadores nunha obra de teatro en lingua inglesa.

Render unha emotiva homenaxe aos persoeiros da cultura galega soterrados no Panteón de Galegos Ilustres, en Santo Domingos de Bonaval. Verbas de Rosalía, Castelao e Ramón Cabanillas, acordes de violín e un ben compasado himno a gaita contribuíron a honrar a nosa cultura. Aquí queda o agradecemento dos que participamos no acto.


Pódese ver unha galería de fotos picando aquí.

Conversa con Carlos Negro

 O alumnado de 3º curso reúnese co escritor Carlos Negro no salón de actos  e este realiza un achegamento, dun xeito moi agradable, á súa obra poética Penúltimas tendencias.

Como agasallo ofrecéuselle unha mostra das ilustracións realizadas sobre eses poemas polos propios alumnos.

Parabéns a todos os autores gráficos e poéticos!


 Pódese ver unha galería de fotos do acto se picas aquí.

Pódense ver dous vídeos da intervención de Carlos Negro na canle OCanLe do blog Arca Alexandrina, se picas aquí.

Pódese ver un folleto cunha mostra do traballo do alumnado picando aquí.

 

Actividades de dinamizacion lingüística entre xaneiro e marzo

Realizamos un resumo das actividades realizadas polo EDL en colaboración con outros equipos docentes do noso IES, entre xaneiro e marzo:

 Día Escolar da Non Violencia e da Paz (31 de xaneiro)

-Edición dun cartel conmemorativo desta efeméride.

 

Día internacional da lingua materna  (21 de febreiro)

O IES de Oroso aposta por potenciar a lingua galega desde o berce.

 

Semana da poesía

-Agasallos de poemas de temática amorosa  en distintas linguas promovida polo 14 de febreiro e exposición de lectura con esta temática nos corredores do centro.

-O alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu día18 de febreiro en Compostela á representación da obra Made in Galiza ofertada pola editorial Galaxia, na que se realiza unha parodia da situación diglósica presente en Galicia.

-O alumnado de 3º asistiu á Charla sobre doazón de órganos e sangue a cargo do grupo ALCER o 20 de febreiro. Esta actividade foi valorada como positiva por parte dos rapaces.

 

Día de Rosalía (24 de febreiro)

- Os alumnos realizaron unha lectura pública de poemas  que proximamente estarán dispoñible na canle “O can Le”.

- Grafitti realizada polo alumnado  na cristaleira do instituto.

- Instalación coa súa obra nos corredores do centro.

 

 

 

 

Entroido. O día 1 de marzo celebramos o entroido no centro con gran participación por parte de toda a comunidade educativa.

Día Internacional da Muller (8 de marzo)

O centro uniuse  ás reivindicacións do  Día internacional da muller co lema “En Pé de Igualdade”. Así mesmo aproveitouse esta data para facer unha exposición das ilustracións realizadas tras a lectura da obra “Penúltimas tendencias” de Carlos Negro, quen proximamente realizará un encontro co alumnado de 3º curso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet