Complementarias

Unha matanza esquecida por Severino Fernández Abel

A investigación e a divulgación do masacre perpetrado polos carlistas no ano 1837 en Boqueixón como vacina académica contra a violencia.
Severino Fernández Abel, historiador e antigo profesor de Xeografía e Historia do noso centro, agasallou aos alumnos de 4º de ESO cunhas charlas virtuais arredor do seu libro, recentemente reeditado, Unha matanza esquecida, un traballo pertinente e rigoroso que se mergulla nun arrepiante suceso bélico acontecido no marco da I Guerra Carlista (1834-1840). Un suceso que non convén esquecer.
Gratitude infinda ao profesor Severino!

8 de marzo: Día Internacional da Muller

O IES de Oroso únese á conmemoración do Día Internacional da Muller cunha pequena exposición no centro realizada con fotos achegadas polo alumnado dos seus refentes femininos. Con esta exposición preténdese render unha homenaxe ás mulleres de Oroso; mulleres que “Terman da Terra”. Esta actividade contou coa colaboración dos Departamentos de Educación Plástica e Audiovisual e de Actividades Extraescolares e Complementarias así coma do Equipo de Dinamización Lingüística.
Así mesmo, o alumnado de 4º curso participa no coloquio “Do tradi ó Trap” dirixido por Branca Villares.
Para o día 9 de abril está prevista unha charla  de Bárbara Penas co alumnado de 3º  curso “Mocidade desmontando o patriarcado”
As citadas actividades foron ofertadas polo Concello de Oroso. O noso agradecemento!

No documento que se xunta tedes o material previo á realización da segunda sesión do taller “Do tradi ó Trap” para o alumnado de 4º da ESO

 

Gañadores do Concurso de Fotografía do IES Oroso

Renunido o xurado do Concurso de Fotografía do IES de Oroso 20/21, resolveu conceder os premios ás seguinte fotos:

 

  1º PREMIO Borja Rey González

2º PREMIO Álex Sánchez Rivadas

Marcapáxinas de Rosalía de Castro

Para rematar esta semana na que recordamos a Rosalía de Castro, podedes descargar este marcapáxinas co código QR que atoparedes abaixo.

30 de xaneiro: Día da paz

O IES conmemorou o Día Internacional da Paz e Non Violencia cunha instalación na que as grúas, realizadas en papiroflexia, simbolizan os valores da paz, do respecto e da interculturalidade.

Concurso de postais de Nadal

Entrega de premios do Concurso de postais de Nadal do curso 2020-21.

.

Premendo na imaxe podedes ver as postais gañadoras.

Vídeo Promoción 2020

No seguinte enlace accédese a unha pequena homenaxe que o IES de Oroso lle quere render ás alumnas e alumnos de 4º de ESO que este curso abandonan o noso centro para proseguir a súa formación.

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d328721193k8824090o1/resistir-1

Desexamos que teñades moita sorte e que loitedes por aquilo que queredes conseguir, sempre respectando os demais na súa diversidade, valorando o propio e defendendo o que consideredes xusto e a liberdade.

Celebración do Día das Letras Galegas

A situación tan especial na que está sumido o mundo global obríganos a celebrar unha efeméride tan importante coma esta de xeito puramente virtual.

Falamos, claro está, do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a alguén tan importante, tan polifacético e tamén tan controvertido como Ricardo Carvalho Calero.

O interesante, nestes casos, é gozar dunha mostra dos seus libros na entrada do noso instituto para poder ver, follear e curiosear na obra deste autor. Mais como iso non é posible, conformámonos con ofrecervos un marcapáxinas e a audición dun dos seus poemas titulado Afastado de Venus (do seu libro Reticéncias).

Para obter o marcapáxinas, preme nesta ligazón.

Para escoitar o poema musicado, le o código QR.

 

____________

E como un contido especial para divulgar nesta data, o alumnado de terceiro estivo a traballar nunha campaña de fomento do galego que se condensa nun vídeo que podedes ver premento aquí.

 

 

Para celebrar o Día Internacional da Muller

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, realizouse unha decoración da zona de entrada e das escaleiras de acceso á primeira planta.

Como se pode ver nas imaxes, cada chanzo de subida quedou asimilado a un dos moitos aspectos nos que debería verse reflectida a igualdade.

Fixéronse así mesmo copias dun cartel divulgador, elaborado por unha alumna de primeiro. Con ese mesmo deseño imprimíronse adhesivos que se puxeron a disposición de todo aquel persoal que quixese facerse con un.

A decoración completouse cunha pequena mostra de libros pertencente

s ao fondo da nosa biblioteca e que nos informan sobre o papel que desempeñan as mulleres en ámbitos moi variados e relevantes da historia, da ciencia e da cultura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bases da convocatoria do II Concurso de Microrrelatos "Oroso"

II CONCURSO EDUCATIVO DE MICRORRELATOS “OROSO”

Bases

O concello de Oroso, en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística e a ANPA do IES de Oroso, co fin de potenciar a creatividade literaria en lingua galega, convocan o II Concurso Educativo de Microrrelatos “Oroso”.

Destinatarios

- Alumnado matriculado no IES de Oroso.

Prazo

- O  prazo para a presentación de textos estará aberto ata o día 25 de marzo de 2020.

Características dos  microrrelatos

-  Deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos. As persoas participantes garantirán que son as lexítimas autoras do texto.

- O tema é libre.

- Cada participante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos, aínda que só poderá obter un único premio.

-  A extensión do texto non superará as 150 palabras, título incluído.

- Os textos presentaranse escritos en letra Arial, 12 puntos, interliñado 1.5

Normas de presentación

- Os participantes solicitarán na secretaría do centro dous sobres nos que deben figurar:

II Concurso de microrrelatos “Oroso”

Sobre A. Nel figurará o título do microrrelato e conterá o texto do microrrelato sen sinatura e baixo un pseudónimo.

Sobre B.Nel figurará o título do microrrelato-pseudónimo  e conterá os datos persoais da persoa concursante: nome e apelidos, e curso.

 

Premios

1 premio. Un  vale de 75 euros.

2 premio. Un vale de 50 euros.

3 premio. Un vale de 25 euros.

Os citados vales serán válidos nos comercios de Sigüeiro Aula 10 ou Equípate.

Xurado

- O xurado estará composto por dúas persoas  representantes do concello de Oroso, unha persoa representante da ANPA , un alumno ou alumna e por un profesor ou profesora.

- As obras presentadas poderán ser utilizadas polas persoas  organizadoras, sempre co nome do autor ou autora,  en posibles publicacións  de dinamización cultural.

Powered by Drupal - Design by artinet