Complementarias

Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia

Estes días temos no Centro a exposición itinerante  Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia, proxecto expositivo que poñen en marcha o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Premendo aquí podedes descargar o Dossier da exposición.

Conmemoración do día de Rosalía 2023

O 23 de febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela Rosalía de Castro. Dende o IES de Oroso queremos conmemorar esta data  co agasallo dunha planta literaria que nos recorde a súa figura.

Entroido 2023 no IES de Oroso

O pasado venres 17 de Febreiro celebrouse no IES a festa de Entroido, coa participación activa de todo o alumnado e profesorado.

A xornada  comezaba co alumnado de 4º vendendo produtos típicos do entroido para poder conseguir financiamento para a excursión de fin de curso, e seguía coa celebración do partido entre o profesorado e as aulas de 1ºC e 4ºB que fora aprazado en Nadal. No concurso por clases, cada grupo debía de sorprender coa súa maxia e o xurado quedou namorado do grupo de 1ºB que, acompañados do profe Roberto e baixo o ritmo do Gagnam Style, alzouse coa victoria.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do que foi a volta da maxia do entroido ao noso IES, o cal xa levaba uns días engalanado grazas á exposición dos entroidos tradicionais de Galicia elaborado polo alumnado de 3º ESO baixo a dirección de Gemma (profe de LGeL) e de Roi (profe de EPVA). Premede na imaxe para acceder a elas.

Exposición entroidos tradicionais

 

 

 

 

 

Conmemoración do 8 de marzo

Conmemoración do 8 de marzo en colaboración co Concello de Oroso coa charla da investigadora, Aurora Marco López, sobre a presencia das mulleres na guerrilla antifranquista

 

Conmemoración do Día de Rosalía

O 23 de febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela Rosalía de Castro. Dende o IES de Oroso queremos conmemorar esta data cunha exposición no centro da súa obra e co agasallo dun marcapáxinas conmemorativo. Así mesmo, unha representación do alumnado participa na lectura conmemorativa organizada polo Concello de Oroso.

Premendo no marcapáxinas podedes descargalo.

                                       

 

II Concurso de Postais de Nadal

Entrega de premios do II Concurso de Postais de Nadal organizado polos departamentos de Francés e Plástica. A nosa noraboa aos premiados/as e a todos os participantes.

Premendo na imaxen podedes ver as postais gañadoras.

IX Concurso Educativo de Fotografía IES DE OROSO

Reunido o xurado do IX Concurso Educativo de Fotografía IES de Oroso, acordou conceder os seguintes premios. Noraboa a todos os participantes!

1ºPremio: Claudia Juncal Morlán

 

2ºPremio: Martín Otero Barriuso

 

3ºPremio: Martín Franqueiro Rodeiro

 

LER: campaña de fomento da lectura. Letras Galegas 2021

       

 Como homenaxe a todas e a todos os creadores de historias, o alumnado do IES de Oroso participou na campaña de fomento da lectura promovido polos departamentos de Matemáticas, Plástica e Actividades Extraescolares e Complementarias.

Esta exposición fotográfica tamén se pode visitar na biblioteca do Concello de Oroso. O noso agradecemento por unirse a esta iniciativa.

É NOTICIA

 A “Fake news” foron o tema  do obradoiro  impartido polo  Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia  ao que asistiu o alumnado de 3º curso.
Contrastar, buscar a fonte orixinal e non quedarse só co titular chamativo son algunas das claves para estar ben informados.
O noso agrademento á relatora, por tan valiosa información.

Powered by Drupal - Design by artinet