Taboleiro

LER: campaña de fomento da lectura. Letras Galegas 2021

       

 Como homenaxe a todas e a todos os creadores de historias, o alumnado do IES de Oroso participou na campaña de fomento da lectura promovido polos departamentos de Matemáticas, Plástica e Actividades Extraescolares e Complementarias.

Esta exposición fotográfica tamén se pode visitar na biblioteca do Concello de Oroso. O noso agradecemento por unirse a esta iniciativa.

Gañadoras do I Concurso de deseño gráfico

1º premio.  Lúa Bouza Silva
2º premio.  Almudena Sánchez  Calviño
3º premio. Nerea Barcala Bouza
3º premio. Sara Juncal Marzoa  

Parabéns a todas!!!

8 de marzo: Día Internacional da Muller

O IES de Oroso únese á conmemoración do Día Internacional da Muller cunha pequena exposición no centro realizada con fotos achegadas polo alumnado dos seus refentes femininos. Con esta exposición preténdese render unha homenaxe ás mulleres de Oroso; mulleres que “Terman da Terra”. Esta actividade contou coa colaboración dos Departamentos de Educación Plástica e Audiovisual e de Actividades Extraescolares e Complementarias así coma do Equipo de Dinamización Lingüística.
Así mesmo, o alumnado de 4º curso participa no coloquio “Do tradi ó Trap” dirixido por Branca Villares.
Para o día 9 de abril está prevista unha charla  de Bárbara Penas co alumnado de 3º  curso “Mocidade desmontando o patriarcado”
As citadas actividades foron ofertadas polo Concello de Oroso. O noso agradecemento!

No documento que se xunta tedes o material previo á realización da segunda sesión do taller “Do tradi ó Trap” para o alumnado de 4º da ESO

 

Información reserva e admisión para o curso 2021-2022

Nos documentos que se xuntan poden consultar información sobre o proceso de reserva de praza e admisión para o curso 2021-2022. Prema aquí para ver as instruccións referidas ao IES de Oroso

Poden ampliar esta información accedendo á categoría Departamento de Orientación e/ou premendo nos seguintes enlaces:

- Departamento de Orientación do IES de Oroso

Formación aberta

Abrimos un apartado dentro da Aula Virtual  onde iremos introducindo material de interese accesible para toda a comunidade educativa. Empezamos con aspectos que consideramos fundamentais para a convivencia escolar: Absentismo escolar, Maltrato e Acoso e ciberbullying. Podedes acceder a esta información premendo aquí

Información acerca do coronavirus

Na seguinte ligazón podedes atopar toda a información que desde a Consellería se nos facilita acerca do coronavirus:

Información coronavirus

Powered by Drupal - Design by artinet