DA LEI DE ENSINANZA MEDIA E PROFESIONAL A LOCE: 50 ANOS DE ENSINO SECUNDARIO EN RIBADAVIA
O Instituto de Ribadavia créase no curso académico 1953-54 ao amparo da Lei de Ensinanza Media e Profesional de 1949, que ten como características máis destacadas as de organización da ensinanza nun só ciclo de cinco cursos semiprofesionais e sen latín e a creación do Bacharelato laboral Superior, de dous cursos de duración e un exame de reválida, creándose unha rede de centros de Ensinanza Media e profesional, máis coñecidos como Institutos Laborais, nos que se impartía un conxunto de ensinanzas técnico-profesionais, de acordo con tres modalidades: Bacharelato Laboral Industrial, Bacharelato Laboral Marítmo-pesqueiro e bacharelato Laboral Agrícola, segundo o tipo de produción dominante na zona de localización do Instituto Laboral en cuestión. O Instituto de Ribadavia loxicamente tería a nominación de Laboral agrícola, e ubicaríase no edifico do actual Museo Etnolóxico sito na rúa de Santiango pasando no ano 1958 ao actual edificio, sendo nese intre o segundo instituto que se creaba na provincia de Ourense.
Os novos Centros de Ensinanza Media e Profesional creados tiñan como finalidade específica facer extensiva a Ensinanza Media ao maior número posible de escolares, inicialos nas prácticas da moderna técnica profesional e capacitalos para o ingreso en Escolas e Centros Técnicos
En decembro de 1949 reestrúturanse as modalidades iniciais quedando as seguintes: Agrícola e gandeira, Industrial e mineira, Marítima e Profesións femininas . O instituto de Ribadavia sería da primeira modalidade, é dicir, Agrícola e gandeira.
O título que se expedía, polo Rector da Universidade de Santiago, despois de cinco anos de estudos era o de Bacharelato Laboral Elemental na modalidade , Agrícola e gandeira, que permitía continuar estudos ata acadar o título de Bacharelato Universitario, que os alumnos realizaban en Tui....
Posteriormente, ao amparo da Lei de ordenación da ensinanza media de 26 de febreiro de 1953? 9?, estes centros pasarían a recibir a denominación de Institutos Técnicos, sendo en 1970 un total de 298 con carácter oficial, e 192 con carácter de centros recoñecidos e autorizados. O Instituto de Ribadavia convértese así en Instituto Técnico de Ensinanza Media Masculino.
En 1967 o Bacharelato Elemental constaría de catro cursos e sería único para todos os alumnos; por conseguinte, desaparece o antigo Bacharelato Laboral Elemental
Coa Lei Xeral de Educación de Villar Palasí de 1970, o bacharelato, que constitúe o nivel posterior á Educación Xeral Básica, denominarase Bacharelato Unificado e Polivalente. O adxectivo unificado fai alusión a que conducirá a un título único, e o de polivalente a que xunto ás materias comúns e optativas, comprenderá unha actividade técnica profesional. O BUP terá unha duración de tres cursos .Os contidos fixados teñen como finalidade procurar unha base ampla cultural e o plan de estudos abarcará dende: Materias comúns que deberán ter todos os alumnos e que serían Lingua Española e Literatura, Iniciación á Lingua Latina, Unha lingua estranxeira, formación estética con especial atención ao debuxo e á música, Xeografía e Historia, Filosofía, Formación Política, Social e Económica, Formación Relixiosa, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Física e Química e Educación Física e Deportiva; ata materias específicas e ensinanzas e actividades técnico-profesionais
Métodos predominantemente activos e tendencia a educación personalizada, avaliación contínua e probas de suficiencia caracterizaría o bacharelato e o título de Bacharel que agora outorga o Ministerio de Educación e Ciencia ao remate de BUP, habilita para o acceso a FP II (Formación Profesional de segundo grao) e permitirá seguir o COU (Curso de Orientación Universitaria).
No Instituto de Ribadavia implantarase o Bacharelato Unificado e Polivalente no curso académico de 1975-76, segundo decreto 160/1975 e perduraría ata a chegada da Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo de 1990 máis coñecida como LOXSE e que empezaría a implantarse en Ribadavia, igual ca no resto de Galicia, no curso 1998-99, desaparecendo progresivamente os cursos de BUP
Durante a vixencia da Lei Xeral de Educación 70 o Instituto denominarase Instituto Nacional de Bacharelato, para o curso 1997-98, coa a aplicación da LOXSE o Instituto volve cambiar de nome, denominándose agora Instituto de Educación Secundaria. (IES O Ribeiro), nome co que se coñece na actualidade. Nese curso desaparecería e primeiro de BUP e implántase 3º da ESO, no curso seguinte impartirase ademais de 3º de ESO, 1º e 2º de ESO que provisionalmente quedaran nos centros de EXB, e 4º que substituirá a 2º de BUP. No curso 2000-01, o primeiro curso de Bacharelato LOXSE substituirá a terceiro de BUP e no 2001-02 desaparecerá COU e implantarase 2º de Bacharelato.
Coa LOXSE o bacharelato deixará de ser unificado para diferenciarse en modalidades Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde, Bacharelato Tecnolóxico Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais de Bacharelato Artístico, no IES “O Ribeiro impartiranse o Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde e o de Humanidades Ciencias Socias. O Tecnolóxico impártese no IES Abrente de Ribadavia, que se creara como Instituto de Formación Profesional, e o Bacharelato de Artes quedaría unicamente na capital da provincia.
No curso 2003/2004, no que o Instituto cumpre cincuenta anos, impártense os catro cursos da Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), da ensinanza secundaria postobrigatoria os Bacharelatos de Ciencias da Natureza e da Saúde e de Humanidades e Ciencias Socias e tamén Programas de Garantía Social de
Neste ano do cincuentenario da fundación chegan tamén as primeiras reformas da LOCE (Lei de ordenación da calidade educativa)
Ao longo destes cincuenta anos de ensino formáronse no bacharelato laboral fronte a máis de 1000 rapaces; máis de 2.712 cursaron estudos de BUP, e polo de agora, estamos rozando a cifra de 800 mozos e mozas que estudaron ou estudan a ESO; facendo números, temos un total de preto de 5.000 alumnos e alumnas que cursaron os seus estudos no noso Centro, cinco mil adolescentes que pasaron unha das etapas máis significativas e trascendentes do ser humano no Instituto de Ribadavia, axudados e guiados por 460 profesores e profesoras, coa colaboración de 36 persoas adicadas a funcións de administración e servizos. Todos estes equipos de docentes, alumnos e traballadores de administración traballaron coordenados polos seguintes Directores:
1953-54 Manuel González Diéguez1955-59 Manuel López Grién
1959-60 José Vidán Torreiras
1960-61 Baudilio Arce Monzón
1961-62 Antonio Palaullaó
1962-86 Julio Freijido
1986-95 José Pérez Iglesias
1995-96 Margarita Seara Pazo
1996-00 Xabier Carreira Sebio
2000-07 Francisco Lamas Gulías
2007-09 Margarita Vázquez Rodríguez 2009-11 Rafael Novoa García
2011-21 José Antonio Fernández Ferreiro Actualmente: Ana Belén Álvarez Álvarez Historia do Edifico Abrente. (1976-2011)
En el año 1986 se crea el Instituto de Formación Profesional en Ribadavia
Empieza como Sección Formación Profesional en el año 1976 y sus aulas estaban en el actual edifico Ribeiro. Funciona como Sección de FP hasta el año 1986. En este año las enseñanzas se trasladan al actual edificio Abrente. En esta primera etapa (1976-1986) se imparte 1º y 2º curso las enseñanzas de Formación Profesional de Primer Grado (FP1) de las ramas de Automoción y Administrativo.
En el nuevo edifico se completa la oferta educativa con los tres cursos del Segundo Grado de Formación Profesional (FP2) en las ramas Automoción y Administrativo.
En el curso 1986/1987 se amplía la oferta con los dos cursos del Primer Grado de FP en la rama de Electrónica.
Esta oferta educativa se mantiene sin cambios hasta el curso 1998/1999.
En 1999 el centro pasa denominarse Instituto de Enseñanza Secundaria Abrente.
En el curso 1999/2000 se implantan los Ciclos Formativos de grado medio de Gestión Administrativa y Electromecánica de vehículos. Este curso también se imparte por primera vez el Bachillerato Tecnológico. Se completa la oferta con los Programas de Garantía Social. Desaparece progresivamente la oferta educativa de FP1 y FP2 de las tres ramas que se imparten.
En el curso 2000/2001 se imparte el Módulo 3 de la Enseñanza Secundaria para Adultos y el primer curso del Ciclo superior de Administración y finanzas.
En el curso 2008/2009 se imparte el primer curso de los Programas de Cualificación Profesional Inicial de Servicios administrativos.
En el curso 2008/2009 se completa la oferta con los Módulos 1,2 y 4 de la Enseñanza Secundaria para Adultos
En el año 2011 se fusionan el IES Abrente y el IES O Ribeiro.
Durante estos 35 años pasaron p,or el centro un total de 4164 alumnos y alumnas.
Cinco décadas de ensino, axuda e agarimo...