ERASMUS + 2019-2020
O IES O Ribeiro está a desenvolver en 4º ESO un programa Erasmus+ co centro Coláiste Ghlór na Mara de Balbriggan (Irlanda). Este programa enmárcase na Acción Chave 2 do programa Erasmus + (Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas) e leva por título Medieval Villas sustainable development studies and town-twinning in the EU. Os obxectivos principais deste programa son os seguintes:
- Lingua. Promover o estudo e a protección das linguas minoritarias (galego e gaélico) e a comunicación nas catro linguas dos dous centros de ensino participantes (galego, castelán, gaélico e inglés).
- Vilas medievais sostibles. Promover o estudo da historia e dos elementos patrimoniais comúns, co fin de proporcionar aos concellos respectivos unha base para o irmandamento das cidades ao fin do proxecto, en 2020.
- Cultivar os valores da UE, mediante a convivencia de alumnos coetáneos dos dous países.
- Fomentar o gozo de viaxar e máis a pertenza a unha entidade supranacional como a UE, por medio de actividades motivadoras como os intercambios internacionais para o ensino e a aprendizaxe.
- TIC. Introducir e desenvolver ferramentas TIC como o uso de Skype e a creación de materiais audiovisuais que serán ofrecidos ás televisións autonómicas e nacionais para a súa difusión.
Identificación dos Ciclos e FPB (Galego e Inglés)
Basic professional degree in Vehicle Maintenance - FP Básica Mantemento de vehiculos (Inglés)
CM Electromecánica de vehículos (Galego)
FP Básica Elaboración de productos alimentarios (Galego)
FP Básica Mantemento de vehículos (Galego)
MC Electromechanics of motor vehicles - CM Electromecánica de vehículos (Inglés)
MC Olive Oils and Wine - CM Aceites de oliva y vinos (Inglés)
SC Vitiviniculture - CS Vitivinicultura (Inglés)
PROGRAMA ERASMUS+
Tres dos alumnos de segundo curso do Ciclo Medio de Aceites de Oliva e Viños están a completar os seus estudos coa realización de prácticas (Formación en Centros de Traballo) en Ascoli Piceno (Italia) grazas a una bolsa que lles foi concedida baixo o programa Erasmus +. Anteriormente, un alumno xa titulado, rematou un período de seis meses de prácticas neste mesmo lugar.
Alí tiveron a oportunidade de coñecer outra forma de viticultura e vinificación, así como de cultivo de olivos e elaboración de aceite.
Cunha duración total de 70 días, esta formación resultou moi beneficiosa e de proveito para os nosos alumnos tanto para completar a súa formación como de cara ao seu futuro profesional.
Recentemente se nos comunicou que foi concedido o novo proxecto Erasmus +, baixo o nome de “Next Station: Improving Professional Skills in Galicia” 2016-1-ES01-KA102-024869 e que dará a oportunidade de realizar 395 mobilidades de estudantes.
No sucesivo darase máis información sobre este novo proxecto e procedemento para a selección tanto de estudantes, coma titulado ou profesorado