RECURSOS PARA ORIENTARSE CON INTERNET
Aquí podedes atopar algunhas páxinas web con información sobre:
- Estudios universitarios e de formación profesional en Galicia e fóra de Galicia.
- Orientación laboral e emprego.
PÁXINAS WEB RELACIONADAS COA ORIENTACIÓN ÁS FAMILIAS
SOBRE O TEMA DO CORONAVIRUS
10 Consellos para as familias en confinamento por coronavirus: (<-- premer na ligazón). Interésente páxina na que se dan consellos para as familias en confinamento polo Coronavirus: rutinas e horarios, coidado e auto coidado, entretementos, metas conxuntas, contactos cos demais, coidado das relacións na familia, axuda, empatía e solidariedade, xestión das emocións e resiliencia.
Organizarse na casa con estudos, o emprego de pantallas e resolución de conflitos (<-- premer na ligazón) Guía para organizarse cos rapaces na casa, na que expertos dan pautas para establecer horas de estudo, evitar o abuso de pantallas e resolver conflitos.
Tamén a páxina do Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid relacionada co brote de Coronavirus ofrece unha ampla información sobre o tema para distintos profesionais e situacións, dos que caben destacar os seguintes enlaces relacionados coa educación e as familias:
- 10 pautas para a xestión psicolóxica no período de confinamento. (<-- premer na ligazón).
- Pautas ás familias de nenos e adolescentes. (<-- premer na ligazón) Sobre límites, noras e expresión de emocións, tarefas e responsabilidades, hábitos e rutinas, redes sociais e familiares, e situacións especiais.
- Guía de orientacións psicoeducativas para familias sobre como manter as rutinas escolares na casa (<-- premer na ligazón).
- Como explicar o brote do Coronavirus a nenos de 4 a 10 anos (<-- premer na ligazón). Pautas dirixidas a familias e profesionais orientadas a promover un afrontamento axeitado fronte ao brote de Coronavirus, adaptadas para nenos e nenas de 4 a 10 anos.
- Rosa contra o virus (<--premer na ligazón). Conto para explicar aos máis pequenos o Coronavirus e outros virus.
- Preparar a saída do confinamento con menores de 14 anos. (<-- premer na ligazón). Unha serie de recomendacións sobre como falar cos menores de 14 anos e preparar emocional e psicoloxicamente a saída do confinamento, de xeito que poidan realizarse estas saídas da maneira máis satisfactoria posible.
Podes descargar todas as ligazóns na seguinte imaxe -->
COMO XESTIONAR A ANSIEDADE
Aquí podes atopar unha guía con estratexias para xestionar a ansiedade. Preme nesta ligazón
COMO ABORDAR AS EMOCIÓNS DURANTE O CONFINAMENTO
Guía para o acompañamento emocional na casa durante o período de confinamento. Preme nesta ligazón
ESPAZO DE AUTOCOIDADO
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia vén de crear na rede un “Espazo de Autocoidado”, co obxecto de contribuír a preservar a saúde emocional da comunidade, proporcionando ferramentas e recursos para este fin, dispoñibles na web http://autocoidado.copgalicia.gal
RECURSOS DE AUTOCOIDADO |
|
Introdución e orientacións para iniciarse na práctica do mindfulness como ferramenta útil para o contexto estresante xenrado pola emerxencia sanitaria do COVID-19 do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. |
Breve guía de introdución e orientación para iniciar aos nenos e nenas e adolescentes nas prácticas de mindfulness do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. |
Elixe a versión Galego Castellano
|
Elixe a versión Galego Castellano
|
"ÁNIMO VALIENTES O RIBEIRO"
“ÁNIMO VALIENTES O RIBEIRO” é un vídeo-clip realizado pola profesora de EPVA e titora Chús Labarta, co seu alumnado de 3º ESO B.
Para ver o vídeo, preme na imaxe.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Enlaces Web orientación familias - IES O Ribeiro.pdf | 110.43 KB |
Recomendaciones_Ansiedad_2.pdf | 213.47 KB |
acompañamento emocional.pdf | 2.72 MB |
WEBS Documento de Microsoft Office Word.pdf | 466.77 KB |
autocoidado.png | 353.21 KB |