Benvidos á esta sección da nosa web con información dos programas europeos Erasmus+ que se están desenvolvendo, ou preparando, no noso centro.
Os obxectivos do profesorado involucrado no programa Erasmus+ son:
- Promover a internacionalización da educación no noso centro por medio da elaboración e colaboración en proxectos con outros centros educativos europeos,
- Promover e xestionar as mobilidades no estranxeiro no ámbito da FP, gracias á participación do noso centro nun consorcio da Xunta de Galicia. Estas mobilidades van dirixidas a alumnado de FP Básica e de ciclos de grao medio (prácticas FCT, para titulados), así como ao seu profesorado (para a súa formación, para visitas preparatorias etc)
- Promover e xestionar as moblidades no ámbito escolar., da ESO e de Bacharelato. Estas mobilidades poden ser para o alumnado (en grupo e/ou individuais de curta ou longa duración) e para o profesorado (de formación, observación etc)
- Establecer contacto e acordos de colaboración con institucións e organizacións internacionais.
No ámbito da FP, no noso centro impártense os seguintes ciclos formativos:
● Ciclo Básico de Mantemento de Vehículos
● Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles
● Ciclo Medio de Xestión Administrativa LOE
● Ciclo Superior de Automoción (FP Dual)
No ámbito escolar, contamos con todos os niveis da ESO e de Bacharelato (nas ramas de Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias).
ÍNDICE | DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS |