Skip to Content

RECOÑECEMENTO AO PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN DO IES ORDES

O CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado) vén, unha vez máis, de recoñecer a traxectoria destacada e o bo facer do proxecto Aliméntate ben, que se leva desenvolvendo nos últimos anos no IES Ordes, así como o traballo da súa coordinadora Trini Pérez.

Este proxecto no que participan un gran número de departamentos do centro, leva recibidos un gran número de eloxios nos últimos anos.

A coordinadora, xunto cunha das profesoras que leva traballando varios anos no proxecto, Esther Nouche, presentarán o traballo realizado no centro, na actividade formativa "Promoción de hábitos e estilos de vida saludable".



page | by Dr. Radut