Skip to Content

ERASMUS: VIAXE A LAMEGO

Un grupo de 10 alumnos/as de 3º da ESO do IES ORDES estivo realizando unha mobilidade durante a semana do 16 ao 21 de abril no centro portugués de Lamego Agrupamento de Escolas Latino Coelho. Esta visita forma parte do proxecto Erasmus+  KA112 que lle foi aprobado ao noso centro e que está financiado pola Unión Europea , cuxo título é "As vacinas agora e no pasado. Unha aproximación de xénero á ciencia".

Entre as actividades que se levaron a cabo alí están:

1-Explicación ao alumnado de Lamego de presentacións elaboradas polo noso estudantado en Ordes (presentacións da nosa vila e centro en portugués e inglés / aproximación á figura de Isabel Zendal e outras científicas destacadas no mundo das vacinas / orixe no latín de vocabulario usado nas vacinas / liña do tempo da evolución das vacinas ...)

2- Compartir diferentes clases con alumnado de Lamego e coñecer o seu centro educativo

3- Asistencia a unha charla dun doutor sobre as vacinas e as epidemias

4- Visita a lugares de interese na vila de Lamego (o seu castelo, a catedral, o teatro, o santuario, as bodegas, o río Douro ...)

Pódense ver fotos e máis información desta mobilidade no blog Erasmus do IES ORDES e nas nosas redes sociais (Facebook e Instagram).



page | by Dr. Radut