Aínda que, ao alcanzar a maioría de idade se extingue a patria potestade dos proxenitores respecto aos seus fillos, cando o alumno/a depende economicamente dos seus pais, estes poden solicitar recibir información académica dos seus fillos.
Para iso, debe cubrir e entregar, no centro, o anexo que figura a continuación.
Posteriormente informarase ao alumno/a da petición dos seus pais, que só poderá negarse por causa moi xustificada, como podería ser que sufrague os seus propios gasto de educación.