Skip to Content

ENCONTRO CON VALENTIM FAGIM

No día 29 de abril, o profesor de Portugués da EOI de Santiago de Compostela, Valentim Fagim, mantivo un encontro  co alumnado de 2º bacharelato de Portugués, 2ª Lingua Estranxeira. A intención da visita era animal@s para seguiren co estudo do portugués cando sigan cos seus estudos universitarios, para non desaproveitaren uns coñecementos adquiridos que, ademais, serven de reforzo e mellora da súa lingua galega .
O docente "xogou" cun  test cultural e un concurso para apañar partes da letra dalgunhas cancións. O grupo vencedor foi obsequiado con cadanseu Dicionário Visual Através, por cortesía de Valentim.



page | by Dr. Radut