Skip to Content

Segunda Mobilidade: Lisboa

Na semana que vai do 27 de setembro ao 2 de outubro, profesorado do IES Ordes está participando en Lisboa na actividade KA101 Erasmus+ de formación e de intercambio chamada DIPS 21 (Developing International Projects for Schools 2021), (#CAFI_WINK, #dips21) dentro do proxecto WINK desenvolto polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación). A estas xornadas tamén asisten máis de 80 profesores de centros da nosa comarca (Ordes, Mesón do Vento, Oroso), de Arzúa e Melide, así como de países europeos (Francia, Alemania, Reino Unido). Nestas xornadas se exporán proxectos e se establecerá contacto con outros centros para levar a cabo futuros proxectos de centro.



page | by Dr. Radut