Skip to Content

Nota da ANPA

Despois da protesta do día 10 de outubro, a Administración Educativa cubriu as baixas de dúas persoas de conserxaría. O anuncio publicado nun medio de comunicación de que iamos contar cun profesor/a de Pedagoxía Terapéutica, non se fixo efectivo nin se prevé que vaia ser, así que o noso centro segue tendo 3 docentes menos que fai 2 cursos tendo en conta o número de estudantes e grupos. Por todo isto,

A ANPA do IES Ollos Grandes *convoca ás familias e ao profesorado a un ACTO DE PROTESTA este mércores día 23 de outubro as 14:30* na porta do instituto. 

Animamos a pais e nais a informar aos nosos fillos e fillas e a transmitirlles a importancia de exercer o dereito de protesta e manifestación ante as decisións das administracións cando as consideramos inxustas, para que a mocidade aprenda a adoptar actitudes activas ante actos que inciden directamente no seu dereito a unha educación de calidade.

 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut