Skip to Content

O IES Nosa Sra dos Ollos Grandes en Oslo

Día 5: O noso alumnado STEAM Bach desprazado a Lillestrøm participou hoxe en clases de FeQ. Na clase de química fabricaron xabón,

 

e na de física fixeron unha práctica aplicando os principios de conservación da enerxía mecánica e do momento lineal para calcular a velocidade de saída dun proxectil.

Pola tarde, para rematar a estadía en Noruega, todo o grupo se xuntou para xogar aos bolos e facer unha cea de confraternidade.

 

Día 4: O noso equipo STEAM Bach en Oslo viviu fixo un traballo de campo a bordo dun barco polo Fiordo de Oslo: tomaron mostras de auga a diferentes profundidades e mediron distintos factores abióticos, analizaron o plancton, recolleron plásticos cun robot e identificaron especies mariñas.

Día 3: O noso equipo Erasmus+ de STEAM Bach realizou unha búsqueda do tesouro pola cidade de Oslo. Logo visitaron o museo de historia natural e disfrutaron de tempo libre para realizar compras.

Día 2: A delegación STEAM Bach do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes desprazado a Lillestrøm asistiu a unha clase de bioloxía equivalente ao 3° curso de bacharelato, na que realizaron dúas prácticas: unha de pegada de antíxeno e outra de pegada xenética.

Día 1: A delegación STEAM Bach do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes acaba de chegar a Oslo para participar na súa primeira mobilidade Erasmus+. Alí van comparar os resultados das súas investigacións coas do equipo de Noruega.

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut