Eventos
Dom | ||
---|---|---|
Durante dous meses, catro alumnos de 1º de bacharelato, reallizarán unha estadía en familias no centro sueco Tibble Gymnasium, Täby (Suecia). Durante dito período asistirán regularmente a clases no centro sueco e realilzarán unha investicación sobre a convivencia no centro e na sociedade sueca. Dito intercambio realízase no marco do proxecto europeo Erasmus+ "Co-existence and the importance of living together - CHARM", que se está a desenvolver entre o noso centro e o centro sueco no período 2017-2019. O departamento de francés organiza un intercambio lingüístico co centro Joseph Saverne de L’Isle Jourdan. Pódese seguer a actividade a través do blog do departamento. Start: 19/11/2017
Acollida da 3ª mobilidade do proxecto Erasmus+ future4.0@school.eu. Profesores e alumnos dos países e centros socios (Alemaña, Bélxica, Finlandia e Polonia) visitarán o noso centro para desenvolver diversas actividades relacionadas co proxecto. Os alumnos estranxeiros serán acollidos por familias de alumnos españoles. |