Skip to Content

Educación física

Coñecendo o Judo

Durante esta semana teremos no IES Nosa Sra dos Ollos Grandes a presencia do club "Lucus Dojo" de Judo, o cal ven ao IES a impartir unha clase de iniciación ao Judo para cada uno dos curso da ESO e de BAC.

Esta actividade está enmarcada no Plan Proxecta: PVAD en concreto dentro do apartado de "Coñece o meu club" (Xunta de Galicia)

O judo, é un deporte marcial japonés que combina técnicas de lanzamento e sumisión, gañou popularidade en todo o mundo como unha actividade física ideal para os xóvenes. O judo destaca como o mellor deporte en idade escolar. Dende os seus beneficios físicos e mentais ata os valores que inculca, o judo ofrece unha experiencia integral que vai máis aló da simple práctica deportiva.

Xornada multideporte intercentros

Alumnado de 2º de ESO, do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes e do IES Lucus Augusti. participaron nunha actividade intercentros de xogos alternativos, organizada polos departamentos de EF

Nesta actividade realizáronse competicións de deportes alternativos como son o Kin-ball, pickleball e florball.

Esta competión esta encadrada dentro do programa XOGADE, promovido pola Xunta de Galicia.

Todo un éxito de xornada. Parabéns!

Charla con Catarina Pollini

Hoxe, o alumnado de 2 ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes acudiu ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo á charla de Catarina Pollini,  sobre valores e deporte.

Esta actividade foi organizada pola Fundación Breogán dentro do Ciclo de Conferencias sobre valores e deporte: “Luz ó Deporte”. O Departamento de Educación Física enmarca esta actividade dentro do Plan Proxecta: Vida activa e saudable..

Coñecendo Boxing Club Cidade de Lugo

Esta semana visita o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes o club: "Boxing Club Cidade de Lugo", para impartir unhas xornadas  sobre "Boxeo",  boxeo educativo e SEN CONTACTO.

Unha actividade enmarcada no Plan Proxecta, Proxecto de vida activa e deportiva, dentro da actividade "Coñece o meu club" e coordinado polo Departamento de Educación Física.

Máis información: https://noeefiesollosgrandes.blogspot.com/

 

Charla. Pedro Munitis: "Co traballo por bandeira"

Alumnado 3º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes  acompañado polos seus profesores de Plástica: María, Música: Jesús e Educación Física: Santiago, Adrián e Noemí, participou no ciclo de conferencias: Luz ó deporte.

Neste caso en concreto na de Pedro Munitis, actual entrenador do CD Lugo, que tivo por titulo: "Co traballo por bandeira"

Visita a Urban Planet

Alumnado de 3º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes celebrou a Semana Europea do Deporte visitando o centro Urban Planet

Unha iniciativa coa finalidade  de combatir o sedentarismo e promover a actividade física.

Final de curso

Para rematar o curso 22/23, celebramos no IES a I Gala Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva coordinada polo departamento de Educación Física, actividade enmarcada dentro do proxecta.

 

Nesta gala tivo lugar a entrega de diplomas e medallas aos gañadores/as nas distintas ligas internas celebradas no centro no tempo de lecer, ademáis de premios dos distintos concursos e actividades extraescolares e complementarias celebradas.

 

Tamén tivemos tempo para homenaxear aos deportistas de alto nivel que estudan no centro.

Visita ao Roq Park de Viveiro

Hoxe, 19 de xuño de 2023, o alumnado de 1º ESO foi ao Roq Park de Viveiro acompañados dos seus profesores/as: Lucía, Daniel, Ramón e Noemí.  Tamén visitaron o mirador do Monte de San Roque.

Foi unha mañá de emocións e aventuras, unha mañá de superación de retos.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta de centro: Proxecto de vida saudable e deportiva.

Escalada, Kaiak, Paddle surf e Barco dragón

O alumnado de 3º ESO acompañado polas profesoras: Natalia, María, Tania e Noemí disfrutou dunha magnifica xornada na cal puideron aprender a escalar e a rappelar no Rocodromo da Feria Exposición de Lugo. 

Máis tarde achegaronse a Escola de piragüísmo "Cidade de Lugo" e alí puideron practicar: kaiak, barco dragón, paddle surf xigante e paddle surf.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: "Proxecto de Vida Saudable e Deportiva"

Piragüismo e senderismo en Pontedeume

Hoxe, día 08 de xuño, o alumnado de 2º ESO foi a Pontedeume, en concreto ao Clube Náutico "O Firrete", acompañados dos seus profesores de Educación Física: Natalia, María e Noemí e máis o profesor de Lingua Estranxeira, Inglés: Daniel Rouco.

Alí o grupo dividiuse en dous e mentras uns ían remando en kaiaks pola mar rumbo ao pobo de Redes o outro grupo foi camiñando dende Pontedeume ata alí, en Redes fixose o intercambio de grupos e así todos/as puideron disfrutar de ambas actividades.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut