Skip to Content

Club de lectura

Club de lectura

Saída do Club de lectura a Castroverde

O alumnado do Club de lectura de 4º ESO compartiu unha sesión co alumnado de Castroverde e realizaron un roteiro literario seguindo as referencias de O conserxe, acompañados polo seu autor.

Tamén fixemos uns quilómetros do Camiño primitivo

 

Visita á exposición Educación en feminino: un paseo pola historia

Con motivo da celebración do 8M, alumnado de 3º ESO  visitou na Facultade de Formación do profesorado a exposición Educación en feminino: un paseo pola historia.

Club de lectura, fácil

O alumnado do Club de lectura fácil do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes compartiu unha sesión con outros membros da comunidade educativa e co Club de lectura de Afundación.

Club de lectura

O alumnado de 1º ESO compartiu unha sesión do Club de lectura coa persoa á que fai referencia unha das personaxes de O veleno da risa de Santiago Jaureguízar.

Trátase de Xosé López Orozco, no libro é o alcalde da cidade durante as festas do Arde Lucus.

 

Club de lectura

Alumnado de 4º ESO achegouse ó libro O Conserxe compartindo unha sesión do Club de lectura co seu autor, Xosé Luís Vázquez Somoza.

Excursión a Portomarín

Alumnado do Club de Lectura do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes viaxou a Portomarín para facer un roteiro literario pola vila.

Alí foron recibidos polo alcalde e celebraron un minipleno.

 

Logo recorreron a vila visitando distintos puntos de interés seguindo "O misterio de Portomarín" de Antía Yáñez

 

Distribuir contido


by Dr. Radut