Skip to Content

Física e química

Actividade do Club de Ciencias

Esta semana alumnado do Club de Ciencias xogando con leite, vinagre, colorante e algo de calor, fixo unhas pequenas figuras decorativas.

  

Xogando e aprendendo!

Charla: Química, alimentos e cociña

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu a charla: Química, alimentos e cociña, impartida por Ricardo Riguera, profesor do Departamento de Química Orgánica da Facultade de Química da USC.

Utilizando os principios da química, móstrase a natureza dos alimentos (que son e de que están feitos) e das especies (orixe, color e sabor), as súas transformacións ao cociñalos e a ciencia que explica os métodos de conservación. Todo iso ilústrase con exemplos dos nosos alimentos mais comúns (infusións, café soluble, caldos, guisos, fritir, ferver, escabechar etc.). 

Exposición modelos atómicos

Alumnado de 3º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes xogando coa imaxinación e as cores fixo unhas maquetas sobre a evolución dos modelos atómicos.

Esta exposicíon está organizada polo Departamento de Física e Química e todo o alumnado do centro pode vela exposta no hall do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

 

Visita aos laboratorios da Facultade de Ciencias

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitaron os laboratorios da Facultade de Ciencias.

Alí, en pequenos grupos, recorreron as instalacións, os distintos laboratorios e fixeron varios experimentos, unha cromatografía, unha reacción ácido base.

Tamén recibiron información sobre os grados que se poden cursar na Facultade de Ciencias.

Charla: Moléculas en acción

Alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato asitíu a charla "Moléculas en acción" impartida polo profesor da Facultade de Química da USC José Ramón Leis.

José Ramón Leis expuxo un show con demostracións en vivo e vídeos de reaccións químicas ilustrando unha charla cuxo fío condutor foi o feito diferencial da reactividade.

 

As explicacións baséanse na estrutura e as propiedades das moléculas participantes. Ao mesmo tempo saliéntase a relevancia e o impacto das moléculas na evolución da humanidade.

Vimos algúns dos chamados materiais intelixentes e os alumnos poideron manipular algúns deles.

Esta charla está encadrada dentro do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"

Masterclass de Física de Partículas

Alumnado da asignatura de  Física de 2º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu a unha "Masterclass de Física de Partículas" celebrada en Santiago de Compostela.

A actividade estivo organizada polo  Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi).

 

A actividade consistiu nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual impartidas por físicos que desenvolven proxectos neste campo, e na realización dunha práctica en grupos para a determinación de distintas partículas, cuxos resultados foron postos en común e discutidos posteriormente mediante unha videoconferencia con outros centros europeos que organizaron unha xornada similar, e na que participaron varios físicos europeos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut