MANIFESTO POLO 8 DE MARZO DO 2018
O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Por este motivo, nun acto solemne que fixemos na entrada principal durante o recreo, as alumnas Iria López González, Sara Mosteiro Otero e Alejandra Rubianes González leron diante de toda a comunidade escolar un manifesto que representa o sentir das rapazas e repaces do noso centro educativo. O texto foi creado de xeito colaborativo por Elena Oubiña, Nerea Fernández e María González. Para saber mais sobre as actividades do dia da muller mira no blogue de Bibliomalveiras.
As mulleres reclamamos un mundo sen violencia e o dereito a vivir unhas vidas libres nun mundo máis xusto.
Hoxe o 100% do poder eclesiástico é dos varóns, mais 90% do poder económico é dos varóns, e mais do 80% do poder político está en mas de varóns. O mundo é inxusto e desigual.
Por iso mulleres de todo mundo loitan pola igualdade e a xustiza.
Por iso se conmemora cada ano o 8 de marzo, data que lembra ás traballadoras do textil que en 1911 foron asasinadas nun incendio da fábrica na que traballaban por loitar polos seus dereitos laborais. Este ano, 2018, ademais no 8 de marzo viviremos Un Paro Internacional de Mulleres, para reivindicar o mundo no que queremos vivir:
Un mundo onde as tarefas de coidados sexan unha responsabilidade de toda a sociedade, valorizando o traballo invisibilizado das mulleres, construíndo redes, apoios e estratexias vitais en contextos dificiles e de crises.
Un mundo onde non existan as violencias económicas, onde deixemos atrás o empobrecemento das mulleres, onde non existan diferenzas salariais cos varóns ,
Queremos un mundo onde as mulleres non sexamos tratadas como obxectos sexuais e onde os estandares estéticos non sexualicen a nosa indumentaria e os nosos movementos.
Un mundo onde todas poidamos ser LIBRES: dispoñer e gozar en liberdade do noso tempo, DO NOSO CORPO, SEN MEDO NA RÚA, SEN MEDO NA CASA.
Un mundo Onde a nosa VOZ teña o mesmo valor ca voz de calquera home, onde non sexamos sempre sospeitosas de mentir. Un mundo no que non se nos condene ao SILENCIO.
como cada ano
CELEBRAMOS, ESTE 8 DE MARZO
NESTE CENTRO
EN CARRIL
CON TODAS AS MULLERES DO MUNDO
PORQUE O MUNDO TAMÉN É DAS MULLERES
SE AS MULLERES PARAMOS, PARA O MUNDO