LETRAS GALEGAS 2013
Como xa saberedes, este ano o persoeiro destacado do Día das Letras Galegas é Roberto Vidal Bolaño. Pois ben, en Carril ten moitísimos clons! Podedes velo nesta galería de fotos.
Bromas aparte, se vos fixades no cartaz deste ano veredes que a semana das Letras Galegas estivo chea de actividades moi interesantes que van dende a colocación de carteis sobre Roberto Vidal Bolaño ata a celebración de encontros literarios, sesións formativas e ata tivemos unha foliada das letras! (Clic aquí para aumentar a imaxe)
Ramón Brea, coordinador do Equipo de Dinamización Lingüística, preparou estas presentacións sobre a vida e a obra do autor homenaxeado este ano:
Ademais, para conmemorar a festa das Letras Galegas deste ano estivo convidada Natalia Carou, autora de "O alento nas costas". O alumnado de 4ºESO tivo un encontro con ela na nosa Biblioteca.
(Clic aquí para aumentar a imaxe)