Na imaxe da ría de Arousa dende O Carril, vemos ao fondo as illas Malveiras, que xunto coa de Cortegada, forman parte do Parque Nacional Illas Atlánticas.
A ría posúe unha grande riqueza marisqueira e pesqueira. Pero a vila mariñeira de O Carril, situada na cabeceira da mesma, é coñecida polo cultivo das ameixas. Esta actividade é o verdadeiro motor económico do lugar; practicouse dende hai séculos nos seus areais e dá traballo a máis de 650 familias. Realízase en viveiros ou parques de cultivo, e na imaxe vense as varas que delimitan as parcelas, formando parte da paisaxe de O Carril. As dúas embarcacións da foto son os chamados barcos da draga que extraen area para ampliar os viveiros.