Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico 2023-2024

O 7 de xuño, iniciouse o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Achégase unha folla informativa coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes. 

Importante a ter en conta:

  • A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

 

  • Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.  

 

AdxuntoTamaño
PREMIOS_EXTRAORDINARIOS_ESO_RENDEMENTO_2023-2024.pdf193.05 KB


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut