INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
O alumnado matriculado neste centro no curso 2023-2024 que teña algunha materia pendente deberá prestar especial atención a seguinte información para poder recuperar estas materias de maneira satisfactoria ao longo deste curso.
Os xefes de departamento e/o profesorado de pendentes (nos casos en que o haxa) serán os encargados do seguimento e avaliación. Todo o alumnado con materias pendentes, debe asistir a esta reunión. Nela recibirán información sobre os obxectivos, contidos e criterios de avaliación exixibles para obter unha valoración positiva das distintas materias, así como, os criterios de cualificación, os instrumentos de avaliación da aprendizaxe que se utilizarán, as medidas de reforzo e recuperación previstas e recollidas na programación para recuperar estas materias pendentes.
Nos arquivos adxuntos tedes toda a información relativa ás reunións e ao calendario de probas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Datas Exames pendentes 23-24.pdf | 277.65 KB |
HORARIOS DE REUNIÓNS PENDENTES_23-24.pdf | 92.99 KB |