Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Blogues

PROGRAMACIÓN LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 2022-2023 CURSOS PARES

Esta é a programación revisada e actulizada dos cursos pares.

EXCURSIÓN AO COUREL CON 1º DA ESO

Tres días incríbeis cargados de bos momentos! O luns visitamos os museos de Quiroga (Etnográfico e Xeolóxico) camiñamos polo val das Mouras, unha paisaxe kárstica de conto chea de covas e vexetación exhuberante. Parada na poza das Mulas para darnos un baño (a auga estaba xeada!) e ver e analizar o bicherío que vive no río Lor.

 

EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA - ESA E BACHARELATO DE ADULTOS

No arquivo pdf adxunto indícanse os días e as horas dos exames da convocatoria extraordinaria do módulo 4 de ESA e de 1º e 2º de Bacharelato de adultos.

Os exames serán os días 19, 20 e 21 de xuño pola tarde.

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA XUÑO: EXAMES DE PENDENTES DA ESO E DO BACHARELATO DIÚRNO.

Achégase no ficheiro adxunto o calendario da convocatoria extraordinaria de xuño. Estas datas están dirixidas ao alumnado que presenta materias pendentes de cursos anteriores na ESO , así coma ao alumnado de 2º de BAC con materias pendentes de 1º BAC.

pendentes_xuño_23

Obradoiros de papiroflexia

Dentro da XVIII Semana Cultural do IES, a profesora de matemáticas Maite Castro, realizou uns obradoiros de papiroflexia para o alumnado de 1º da ESO. Esta actividade, dentro do Club de Ciencia, estivo baseada na creación de tres tipos diferentes de barcos: un barco con só cinco pregues, unha "planeadora" e o barco tradicional de papiroflexia.

 

Participación do Departamento de Matemáticas na Semana Cultural

O pasado mes de marzo celebrouse no noso IES a XVIII Semana Cultural. Dende o departamento de matemáticas os profesores Cándido Dacosta e Maite Castro participaron con obradoiros xunto co Departamento de Física e Química.

Cándido preparou a alumnado de 4º da ESO coma monitores de dous xogos: o ternario (inventado polo própio profesor) e outro no que aplicando a teoría de xogos sempre gaña o monitor.

Xornada de sensibilización e comprensión dos nenos/as e adolescentes no Espectro do Autismo

No día de onte o Departamento de Orientación organizou unha Xornada de Sensibilización e Comprensión sobre as persoas no Espectro do Autismo para o alumnado da ESO. As sesións foron impartidas por Marlene Horma Castiñeiras, psicóloga de recoñecida traxectoria que traballa apoiando ás persoas no Espectro do Autismo e as súas familias.

DÍA DO ORGULLO LGTBIQ+

 

No IES Nº1 de Ribeira abrazamos a diversidade e defendemos o noso centro como un espazo libre de acoso homofóbico e transfóbico. 

Dende a BIBLIOTECA colaboramos con EQUIPO DE IGUALDADE con diversas actividades e publicando unha guía de lecturas lgtbiq+.

PROBAS EXTRAORDINARIAS DO MÓDULO 3 DE ESA (1º cuadrimestre) - CURSO 2022/23

3 de maio:

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN: Inglés /Francés – de 16:00 a 17:30 h.

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN: L. Galega e L. Castelá – de 17:40 a 19:10 h.

4 de maio:

10ª CONVOCATORIA DAS BECAS EUROLINGUA

Eurolingua Venairlanda lanza a súa 10ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut