As Consellerías de Educación e Sanidade veñen de publicar un comunicado conxunto sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos.
O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola COVID-19 vén de acordar, na súa xuntanza do día 17, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.
Pica na imaxe para máis información.