RULA E VINCULA.
Orgullosos do NOSO. Orgullosos do UN. Da casa, da eira, das corredoiras e dos carballos, das cerradas e das cancelas, dos regatos e das pingueiras. Dos castros, dos penedos, cruceiros, outeiros, fervenzas e toxeiras. Pombais, muíños e hórreos. A igrexa, o cemiterio,o campo da festa e o de fútbol. Da taberna e o tele-club.
Todos eles son partes de UN e agora queremos recollelos, capturalos en imaxes, para formar parta da nosa memoria fotográfica.
COLABORA
na elaboración desta recopilación fotográfica aportando todas as fotos que queiras.
RECORDA
que o nome do arquivo fotográfico (a foto) debe facer referencia a onde foi tomada. Se a cámara (ou móbil) ten a posibilidade, preferimos que activedes o GPS porque pretendemos ubicar todas as fotos en Google Maps. Ten en conta que faránse públicas todas as fotos polo que non queremos que aparezan persoas nin lugares comprometidos.
COMO COMPARTIR
As fotos (cos datos de geolocalización incrustados) pódense enviar como arquivo adxunto a:
Se as fotos carecen de localizador gps, rogamos que fagan unha descripción moi exacta do lugar donde foron tomadas.
O alumnado do IES Nº 1, ademáis, pode envialas polo EDMODO e como arquivo adxunto ao profesor Jano Sanmartín