Skip to Content

Autorizacións e xustificantes

Autorización para o uso da plataforma Gsuite

Para que o alunado poda utilizar as ferramentas de Google Suite precisa unha conta de correo que lle proporcionaremos cando entregue este documento debidamente cumplimentado

Declaración Responsable COVID-19

Modelo de declaración responsable COVID-19

Autorización LECER Bacharelato

Bos días:

Seguindo as recomendacións do Comité Educativo e dadas as características desde curso académico, enviamos un arquivo para que teñades unha autorización para os vosos fillos/as e así poidan sair nos periodos de lecer.

Coma a anterior autorización rógase entregar nas oficinas do centro coa maior brevidade posible.

 

Atentamente

O equipo directivo.

 

AUTORIZACIÓN PARA cafetería

Estimadas familias:

Achegamos un documento de autorización para todo o alumnado do centro para que os luns á tarde unha vez que utilice o servizo da cafetería poida estar no patio e non necesariamente quede dentro dela.

Rogamos que unha vez asinada a deixen na propia cafetería do centro a través do seu fillo/a. Se alguén non te forma de imprimir o arquivo, hai máis copias nas oficinas do centro.

Urxe para poder levar o control de quen está autorizado coa maior brevidade posible ( venres e luns que vén por a mañá).

Lembrar que aqueles que queiran comer o vindeiro luns, hai unhas listas en cada clase para poder apuntarse.

Grazas, atentamente

Equipo directivo

AUTORIZACIÓN PARA ALUMNADO DE BACHARELATO

Boas tardes:

Achegamos un documento de autorización para o alumnado de bacharelato. Se alguén non ten forma de imprimilo deixamos unhas copias nas oficinas para que o alumnado a solicite e a poida levar a casa.

Rogamos que unha vez asinada a deixen nas oficinas do centro para poder levar o control de quen está autorizado coa maior brevidade posible.

Grazas, atentamente

Equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut