Skip to Content

2º BACH

Criterios de Selección para as Probas de Certificación de Lingua Estranxeira.

CRITERIOS DE SELECCIÓN PARA AS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE LINGUA ESTRANXEIRA

 Documento Adxunto.

Feira Virtual das Universidades españolas

Do 22 ao 24 de febreiro celebraremos a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2021-22. Funciona como unha Feira Universitaria presencial: https://grado-uniferia.crue.org/ 

 

Universidade da Coruña (UDC), terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTURO, no que lle ofreceremos ao seu alumnado que coñeza de primeira man a nosa ampla oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol, coñeza a Vida Universitaria que lle espera e poida consultar as dúbidas que teña de notas de corte, aloxamento... 

 

Parécenos unha oportunidade perfecta para un primeiro contacto co mundo universitario que teñen ás portas, polo que nos permitimos solicitarlles que organicen titorías exclusivas para que o alumnado de Bacharelato/CFGS se conecte a:  https://grado-uniferia.crue.org/

 

O horario é amplo de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h e o persoal da UDC estará pendente deles para solucionarlles calquera consulta ou aclaración que precisen. 

 

A navegación por UNIFERIA é libre, tras rexistrarse.

 

Nesta ligazón poden ver un vídeo resumen de UNIferia 2021 e as posibilidades que ofrece: 

 

UNIferia-2021-video-resumo-galego.mp4

Oferta formativa Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde

Contamos coas Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño que inclúe os Ciclos Formativos de Grao Superior de Ilustración, Fotografía e Ebanistería Artística e, doutra, as Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores. Estas últimas ensinanzas outorgan á súa finalización o Título Superior de Deseño e na futura implementación da LOMLOE recupera o Título de Grao Superior de Deseño e son, en ambos marcos normativos, equivalentes a todos os efectos, ao título de Grao Universitario.

As convocatorias das probas de acceso para os Ciclos Formativos Profesionais e as Ensinanzas Superiores de Deseño adoitan publicarse no DOG no mes de maio, as inscricións efectúanse ata finais do més de xuño e as probas realízanse a comezos do mes de xullo. As probas de acceso son comúns dentro da mesma familia profesional, e no formulario de inscrición o/a aspirante ten a posibilidade de escoller varias opcións por orde de preferencia, tanto de escola, como de especialidade. Tanto os anuncios das convocatorias como o lugar de celebración e as características das probas de acceso serán publicadas no sitio web da escola, www.escolarte.com. Neste sitio web poden ampliar a información destas ensinanzas, así como comprobar mostras de traballo do noso alumnado. Tamén poden a este respecto consultar o noso anuario de creatividade que contén traballos realizados polo noso alumnado, así como colaboracións de prestixiosos profesionaios da arte e do deseño e próximamente seranlles enviado por correo postal un exemplar impreso da mesma, así como folletos informativos da nosa oferta formativa

 

Probas de acceso ao CSHG

As probas de acceso o CSHG pódense facer dende a casa e visitalo tamén! 

Dende o CSHG queremos informar que as probas de acceso para os canditatos/as a estudar dirección hoteleira no CSHG serán en formato online e pódense facer martes ou xoves en horario de 9 a 14 horas.

  Só hai que cumprimetar unha preinscipción na web no seguinte enlace</ a>.

Facemos xornadas de portas abertas on line tanto personalizadas coma a grupos e colexios. Para iso só teñen que enviar un correo electrónico a info@cshg.es para pechar unha cita, chamar ao 981 54 25 19 ou enviar un WhatsApp ao 689 188 437.

Estamos en proceso de convertir a titulación de Diploma Superior de Xestión Hoteleira en grao e en xullo sairá a convocatoria de axudas ao estudo que cubren entre un 50 e 80% da matrícula, ademáis das exencións por familia numerosa e matrícula de honra.

 

 

ORIENTACIÓN: INFORMACIÓN REQUISITOS INGRESO FAS

Folleto con códigos QR con toda la información detallada sobre el acceso a cualquiera de los 3 Ejércitos (tierra, mar y aire) e incluso Cuerpos Comunes.

2.    Notas de corte para el acceso del año 2020 y anteriores.

3.    Sinopsis con los requisitos de acceso a las diferentes escalas.

 

Además de lo anterior, en nuestra sección existe un equipo multidisciplinar de profesionales para responder a cualquier duda que surja y con los que se puede contactar por las siguientes vías:

TELÉFONO: 981 33 60 75.

CORREO: infosubdirec_sarfer@mde.es

Distribuir contido


by Dr. Radut