Skip to Content

Oferta formativa Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde

Contamos coas Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño que inclúe os Ciclos Formativos de Grao Superior de Ilustración, Fotografía e Ebanistería Artística e, doutra, as Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores. Estas últimas ensinanzas outorgan á súa finalización o Título Superior de Deseño e na futura implementación da LOMLOE recupera o Título de Grao Superior de Deseño e son, en ambos marcos normativos, equivalentes a todos os efectos, ao título de Grao Universitario.

As convocatorias das probas de acceso para os Ciclos Formativos Profesionais e as Ensinanzas Superiores de Deseño adoitan publicarse no DOG no mes de maio, as inscricións efectúanse ata finais do més de xuño e as probas realízanse a comezos do mes de xullo. As probas de acceso son comúns dentro da mesma familia profesional, e no formulario de inscrición o/a aspirante ten a posibilidade de escoller varias opcións por orde de preferencia, tanto de escola, como de especialidade. Tanto os anuncios das convocatorias como o lugar de celebración e as características das probas de acceso serán publicadas no sitio web da escola, www.escolarte.com. Neste sitio web poden ampliar a información destas ensinanzas, así como comprobar mostras de traballo do noso alumnado. Tamén poden a este respecto consultar o noso anuario de creatividade que contén traballos realizados polo noso alumnado, así como colaboracións de prestixiosos profesionaios da arte e do deseño e próximamente seranlles enviado por correo postal un exemplar impreso da mesma, así como folletos informativos da nosa oferta formativa

 



page | by Dr. Radut