Skip to Content

Feira Virtual das Universidades españolas

Do 22 ao 24 de febreiro celebraremos a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2021-22. Funciona como unha Feira Universitaria presencial: https://grado-uniferia.crue.org/ 

 

Universidade da Coruña (UDC), terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTURO, no que lle ofreceremos ao seu alumnado que coñeza de primeira man a nosa ampla oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol, coñeza a Vida Universitaria que lle espera e poida consultar as dúbidas que teña de notas de corte, aloxamento... 

 

Parécenos unha oportunidade perfecta para un primeiro contacto co mundo universitario que teñen ás portas, polo que nos permitimos solicitarlles que organicen titorías exclusivas para que o alumnado de Bacharelato/CFGS se conecte a:  https://grado-uniferia.crue.org/

 

O horario é amplo de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h e o persoal da UDC estará pendente deles para solucionarlles calquera consulta ou aclaración que precisen. 

 

A navegación por UNIFERIA é libre, tras rexistrarse.

 

Nesta ligazón poden ver un vídeo resumen de UNIferia 2021 e as posibilidades que ofrece: 

 

UNIferia-2021-video-resumo-galego.mp4



page | by Dr. Radut