A Consellería de Educación publicou a Orde do 29 de maio de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023 - 2024.
DOTACIÓN: Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros como máximo cada un.
Os REQUISITOS para optar a estes premios son:
-
Ter cursado 4º de ESO no curso 2023/2024 no Réxime Ordinario en Galicia.
-
Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de ESO.
-
Obter unha media igual ou superior a 9´00 puntos (media de todas as materias dos catro cursos de ESO).
PROBAS:
A realización da proba terá lugar o 4 de setembro de 2024.
O PRAZO de presentación de solicitudes será do 6 de xuño ó 5 de xullo de 2024 (un mes comezado o día 6 de xuño)