O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 30 de abril de 2024 ata as 13:00 h.
PRAZOS DE MATRÍCULA
Matriculación: 14 ao 21 de maio ata as 13.00 h
Liberados e adxudicación continuada: 23 ao 31 de maio ata as 13.00 h
A XORNADA DE ACOLLEMENTO ( 31 de maio,ás 18,30 horas), no salón de actos. Aquelas persoas matriculadas, que non asistan inxustificadamente á xornada de acollemento, ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional, causarán baixa de oficio, o que implica a perda de toda a matrícula na proba, e non poderán presentar solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte, e só poderán presentarse a esa convocatoria no caso de que haxa vacantes despois de resolto o proceso de admisión.