Skip to Content

Actividades

Actividades realizadas polo EDNL

Concurso ENTROIDO 2016

05/02/2016 11:30
Gañadores: Alba Alvite, Alicia López e Kevin López.

ENTROIDO 2016

Rutas literarias polo museo de Lugo

25/02/2016 11:20
25/02/2016 13:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTAS LITERARIAS
 Contos do Museo

 

Día:          25 de febreiro   
Organiza:  Dpto. Lingua Galega
Hora:        11:20-13:30
Lugar:       Museo de Lugo
Para:        4º ESO


 

Hai 4 rutas: a da pantasma, a da serpe, a do paxaro e a do trasno. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro "Contos do Museo", con textos de Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda.  Ditos relatos son: Visita Nocturna, A serpe de pedra, Un paxaro posible e Un trasno do museo no Tour de Francia.

Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.

Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, ...) e didácticos (caderno do alumnado).

As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o alumno nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.

Deixan descargar o libro, desde a web do museo Información do libro na rede

Videoconferencia: "A máquina que constrúe a mente e a realidade"

04/11/2015 12:30
04/11/2015 13:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Videoconferencia
A máquina que constrúe a mente e a realidade
 

Día:       04 de novembro
Horas:    12:30 ás 13:30 h
Lugar:    Salón de actos
Para:     4º ESO, 1º e 2º INFOFI

A Coordinadora Galega de ENDL convídanos a participar nesta videoconferencia, con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego.


Relator: Xurxo Mariño Alfonso. 

Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?. 

Máis información

Obradoiro de "Português Simples"

21/10/2015 08:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: OBRADOIRO DE PORTUGUÊS SIMPLES
 OPS!

Día:         21 de outubro
Organiza:  AGAL/Deputación Lugo
Horario:    Consultar táboa
Para:        Consultar táboa
Equipo de Dinamización Lingüística

O profesor que vai impartir os obradoiros é Kike Martins  .

Esta actividade realízase grazas a un convenio de colaboración da Deputación de Lugo coa Asociación Galega da Lingua (AGAL), para levar os Ops! a centros de ensino lugueses.

OPS!HorasGruposAula
108:50-10:303ºESO A e B
(sen PMAR)
005
210:30-11:20 e
11:50-12:40
2ºESO A e B
(sen ACC)
004
312:40-14:204ºESO
(sen PDC)
103




O ateliê Ops!  é unha idea orixinal de Carlos Figueiras, adaptada e desenvolvida por Valentim R. Fagim. Nace para pór en valor a lingua de Galicia, facendo ver a súa potencialidade e  ter en conta os prexuízos que a subvaloran. Nace porque o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo, oficial en 4 continentes e 8 países, sendo un deles o Brasil, unha potencia emerxente. Nace porque o plurilingüismo vai ter cada vez máis valor, promovido pola globalización e as institucións políticas (a comezar pola Unión Europea).
Finalmente, nace porque é en épocas de crise cando é máis preciso afinar onde imos investir os nosos recursos e depositar a nosa atención.


Viaxe lúdico-cultural a Celanova

26/05/2015 08:50
26/05/2015 19:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe cultural CELANOVA

Día:         26 de maio
Organiza:  EDNL e Dpto. Lingua Galega
Hora:       08:50-20:30
Lugar:      Celanova - Ourense
Para:        3º ESO-A e 4º ESO

A Fundación Curros Enríquez acolle numerosos grupos de estudantes que se achegan a Celanova para visitar a Casa dos Poetas e para realizar algunha das actividades organizadas en torno aos escritores da vila. O programa “Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio” combina as visitas á Casa dos Poetas, ó Mosteiro de San Rosendo e a Vilanova dos Infante, cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova.

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

Traxecto LUGO - CELANOVA – OUTARIZ -LUGO

Pola mañá: Vilanova dos Infantes, Casa dos Poetas e Mosteiro de San Rosendo.

Descanso para comida (que levarán da casa)

Pola tarde: Ourense, nas Termas de Outariz.

Chegada estimada a Lugo 19:30 h


Fotografías

Viaxe cultural: Ruta Pondaliana

26/05/2015 08:50
26/05/2015 20:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe cultural Costa da Morte

Día:         26 de maio
Organiza:  EDNL
Hora:       08:50-20:30
Lugar:      Ponteceso / Camariñas
Para:        algúns de 1º, 3º ESO-B e 1BAC

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

Traxecto LUGO - PONTECESO – CAMARIÑAS -LUGO

Pola mañá: RUTA PONDALIANA, na Costa da Morte.

Descanso para comida (que levarán da casa)

Pola tarde: Camariñas, visita a unha conserveira.

Paseo e volta á casa.

Chegada estimada a Lugo 20:30 h


Fotografías

Viaxe cultural a Pontevedra

12/05/2015 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe cultural a Pontevedra

Día:         12 de maio
Organiza:  EDNL
Hora:       08:50-22:00
Lugar:      Pontevedra/Cambados
Para:        algúns de 1º e de 3º ESO

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

Traxecto LUGO – PONTEVEDRA – CAMBADOS – LUGO. (Sobre 380 / 400 km.)

Visita Pontevedra. Lectura de poemas de Amado Carballo na Praza da Leña. Visita á Igrexa de San Francisco ao túmulo de D. Paio Gomes Charinho.

Visita no Museo de Pontevedra, especialmente a exposición sobre Xosé Fernando Filgueira.

Descanso comida.

Cambados. Visita e lectura de poemas de Ramón Cabanillas.

Paseo e volta á casa.

Chegada estimada a Lugo 21,30 / 22.00 h

Fotografías da Viaxe a Pontevedra, en Flickr
Fotografías

Correlingua

06/05/2015 10:30
06/05/2015 13:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CORRELINGUA 2015 - LUGO
 Día:         6 de maio 
Hora:       10:30-13:30 aprox.
Para:       1º ESO A/B
Lugar:      Cidade de Lugo
Organiza: Dinamización Lingüística

CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.

Programa da actividade en Lugo, que presentará  Isabel Risco.

Marcha: saída desde a Praza de Santa María (11:00h), chegada ao mesmo punto de partida (12:00 h.).
Lectura do Manifesto.
Actuación do grupo Bocinazo.
Concurso de pancartas e animación da marcha.

Máis información: www.correlingua.org Enlace a web externa

Fotografías do Correlingua 2015, en Flickr
Fotografías

Concurso literario - LATRICADAS 20


BASES:

1º Poderán participar todos os alumnos /as do IES Muralla Romana que o desexen, sendo condición indispensable que os traballos sexan orixinais e non se tivesen presentado noutros concursos.

2º Terán como motivo ou motivos os contidos destas datas de celebración.

3º Os traballos entregaranse na Conserxería (ou enviados ao correo-e : edl.muralla.romana@gmail.com a partir da data de convocatoria ata o 21 de maio de 2015.

4º O xurado decidirá a selección dos traballos presentados para a súa inclusión na revista Latricadas.

5º A presentación dos traballos supón que os autores coñecen estas Bases e amosan absoluta conformidade con elas e coas decisións do xurado. 6º Establécense tres premios: Primeiro, Segundo e Terceiro. Dotados cun obsequio e diploma acreditativo.

Cartel anunciador

Cartel alternativo

Equipo de Dinamización Lingüística
IES Muralla Romana


 

Entroido 2015

13/02/2015 11:45

Día: 13 de febreiro, ás 11:45 h no salón de actos.

Os concursantes (alumnado do IES Muralla Romana), que se poderán presentar de forma individual ou en grupo, desfilarán para valorar a orixinalidade temática, a confección do traxe e a interacción co público.

Establécense tres premios, un por cada unha das categorías seguintes:

- disfrace libre

- disfrace de material reciclado (bolsas, papeis, plásticos, xornais,...)

- disfrace relacionado coa cultura galega (tradicións, literatura, gastronomía, costumes,...)

O premio por cada categoría será un vale de 30€ a trocar por material escolar.

A decisión do xurado será inapelable.

Inscricións en vicedirección, ata o día do concurso ás 11:20 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut