Skip to Content

Novas, avisos, premios

CHARLA SOBRE MOTIVACIÓNS E SAÍDAS LABORAIS EN PERRUQUERÍA

27/05/2021 08:59
27/05/2021 14:10

Charla: Motivación e saídas laborais e perruquería. 

RELATOR: Borja Pérez, representante da casa Loreal. 

DESTINATARIOS/AS: alumnado de 1º e 2º PECOCA, 1º e 2ºPEIEST. 

DÍA: 27 de maio

LUGAR: salón de actos

O relator falará sobre a motiviación e saídas laborais nesta profesión, da participación e colaboración da casa Loreal na formación de alumnado de expedientes notables para futuros talentos profesionais e da situación actual e retos da perruquería na actualidade. 

Momento da charla

CONVOCATORIA XORNADAS PORTAS ABERTAS UDC

08/04/2021 10:00
08/04/2021 20:00

Para acceder a esta información, prégase premer aquí. 

CONVOCATORIA XORNADA PORTAS ABERTAS UDC

O vindeiro xoves 8 de abril celebraremos unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a nosa ampla oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.

Manteremos vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama e Coñecemento, seguindo o seguinte esquema:

a. Perfil de ingreso

b. Por que estudar este Grao na UDC

c. Contido da titulación d. Saídas profesionais

e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s.

O alumnado poderá:

* Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.

* Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas

* Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas...

* Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado

* Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos

Haberá videoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.

FEIRA VIRTUAL DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS-UNIferia

Coa finalidade de que poidades informarvos sobre aquelas titulacións do voso interese, achéganse as ligazóns para acceder á visita, así como outra información complementaria. 

Do 22 ao 24 de febreiro celebrarase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos futuros estudantes cos Graos que se van impartir o vindeiro curso 2021-22

HORARIO: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

O persoal do Servizo de Estudantes estárá pendente  para solucinarlles calquera consulta ou aclaración que precisen. 

Funcionará como unha Feira Universitaria presencial (premendo aquí poderás velo) pola que poderá pasear o seu alumnado visitando os stands das Universidades españolas presentes na Feira.

A Universidade da Coruña (UDC) terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTURO, no que o alumnado coñecerá de primeira man a súa ampla oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol, achegarase á Vida Universitaria que lle espera e poderá consultar as dúbidas que teña de notas de corte, entre outros temas. 

Para coñecer a relación de Graos que se imparten na UDC e a Vida Universitaria, debedes premer aquí.

 

 

 

Exencións da FCT

Medida vixente ata a finalización do curso académico en que se determine o levantamento da declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020.

Segundo a artigo 6 da resolución do 27 de setembro de 2021 da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o desenvolvememnto do período de formación en empresas nas ensinanzas de formación profesional, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19.

"O alumnado poderá solicitar a exención total ou parcial do módulo profesional de Formación en centros de traballo se acredita unha experiencia laboral mínimo de seis meses, a tempo completo, relacionada cos correspondentes estudos profesionais".

DOG 06/10/2021

 

PLAN DE CONTINXENCIA

Para acceder ao texto do PLAN DE CONTIXENCIA, prema na seguinte ligazón. 

LIGAZÓN 

PROBAS PARA OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES 18 ANOS

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS.

Podedes atopar información sobre as probas para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para maiores de 18 anos, por se fora do voso interese, no seguinte enlace: 

Máis información, pinchando aquí. 

Charla informativa para alumnado de 2º BAC que obtén o título na convocatoria de xuño

Dende o Departamento de Orientación convócase a unha charla informativa sobre continuación de estudos, para o alumnado de 2ºde BAC que obteña o título na convocatoria de xuño.

Será  o próximo martes 9 de xuño ás 12:00 horas no salón de actos do centro. Para poder acudir é preciso confirmar á asistencia mediante o seguinte correo electrónico orientacion.1920.confinamento@gmail.com indicando o nome e apelidos da alumna e do alumno que asista. 

O prazo para anotarse é ata o luns, 8 de xuño, ás 18:00 horas.

Prégase para a asistencia que se cumpran estritamente coas medidas sanitarias indicadas polo Centro.


Na seguinte foto podedes ver uns momentos da charla. 

Momentos da charla

 

PARABÉNS A TODOS E A TODAS, E MOITA SORTE NO CAMIÑO QUE COMEZADES! 

 

Premios extraordinarios FP Grao Superior 2018


Premios extraordinarios de FP de GRAO SUPERIOR

ORDE do 6 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2016/17.


EXTRACTO da Orde do 6 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2016/17.

Aos premios poderá concorrer o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior (presencial ou a distancia) no curso 2016-2017 e que os rematou no ano 2017, e que obtivo unha cualificación final igual ou superior a 8,50.


O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar dende o día 16 de febreiro.

CUALE


Convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE

Resolución do 4 de maio de 2017: Convocatoria dos cursos para a formación en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut