Skip to Content

Outras

Xubilación anticipada, Traslados, Permutas, Comisións de servizos...

CUALE


Convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE

Resolución do 4 de maio de 2017: Convocatoria dos cursos para a formación en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE

 

 

Concurso de traslados

Profesorado. Oposicións.

ORDE do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.edu.xunta.es/oposicions/

Consultas públicas

 

 

PLAN PROXECTA

O Plan Proxecta ten como obxectivo central construír modelos de mellora mediante proxectos que teñan un alto potencial de transferibilidade tanto no propio centro no que se orixinan como no resto da comunidade educativa galega. Ás propostas xa existentes iranse unindo outros programas de nova creación que compartan a mesma filosofía de abrir as aulas e os centros á comunidade, de fomentar dinámicas participativas, activas e colaborativas que sirvan, a un tempo, para desenvolver as competencias básicas e a educación en valores.

Con este plan búscase a colaboración interdepartamental e interdisciplinar que promova a innovación adaptada aos recursos e obxectivos específicos de cada centro e suporá un compromiso de todas as persoas e institucións implicadas e un dobre recoñecemento para os centros, para as persoas coordinadoras e para o profesorado participante. Por unha parte, os resultados dos proxectos realizados terán visibilidade para o resto da comunidade educativa galega nos espazos web da Consellería a fin de conseguir un alto grado de transferibilidade e capacidade transformadora en centros de características similares. Por outra, o profesorado que participe activamente neste plan recibirá unha certificación de innovación educativa e terá a posibilidade de publicar as mellores experiencias.

Deste xeito, Proxecta suporá a creación dun camiño común de mellora que una nun mesmo empuxe innovador e transformador as múltiples iniciativas que chegan aos centros con follas de ruta diversas.

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2016/17.


Máis información

Solicitude de recoñecemento médico para profesorado

 

Resolución do 13 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente destinado en centros educativos non universitarios dependentes desta consellería.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seguinte enlace: 

https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal/VIXSAUEDU/

Máis información

 

Distribuir contido


by Dr. Radut